Inicio Galicia Medio Ambiente adxudica por máis de 50.000 euros as obras de mellora...

Medio Ambiente adxudica por máis de 50.000 euros as obras de mellora das instalacións deportivas da Queixeira en Arnoia

0

Grazas a esta actuación mellorarase a accesibilidade do campo de fútbol da Queixeira, onde tamén se adaptarán as gradas e se ubicarán prazas de aparcamento para persoas con mobilidade reducida

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda vén de adxudicar por un importe de máis de 50.000 euros as obras de mellora da instalación deportiva da Queixeira, no Concello de Arnoia (Ourense).

Trátase dunha actuación que se executa ao abeiro dun convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Arnoia, para a mellorar a accesibilidade do campo de fútbol e a súa contorna, que completará as medidas impulsadas polo goberno municipal nos últimos anos nestas instalacións.

Esta instalación é un lugar emblemático e de referencia non só para os veciños de Arnoia, senón tamén a nivel provincial, polos encontros deportivos que aquí se disputan.

Cos traballos que se levarán a cabo, ademais de mellorar a accesibilidade, habilitaranse novos aseos e prazas de aparcamento para persoas con mobilidade reducida e tamén se procederá á adaptación das gradas, é dicir, darase cumprimento ao obxectivo de mellorar este espazo deportivo, de ocio e punto de reunión para que todos poidan desfrutar del.

Ademais, este tipo de colaboracións dan cumprimento a tres obxectivos prioritarios do Goberno galego, como estreitar lazos e colaboracións entre as administracións, fomentar a humanización das vilas de Galicia e promover o reequilibrio territorial na comunidade.  

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre