Inicio Galicia Medio Ambiente adxudica case 70.000 metros cadrados de solo a prezos bonificados...

Medio Ambiente adxudica case 70.000 metros cadrados de solo a prezos bonificados en 8 parques empresariais galegos

0

A comisión executiva de Xestur Galicia acordou esta mañá a adxudicación dun total de 14 parcelas localizadas nos concellos de Santiago, Carballo, Negreira, Lugo, Viveiro, Pereiro de Aguiar, San Cibrao das Viñas e Mos

Santiago de Compostela, 8 de maio de 2019-. A Xunta de Galicia acaba de adxudicar un total de 69.494,53 metros cadrados de solo empresarial nos parques de Carballo, Santiago de Compostela, Negreira, Lugo, Viveiro, Pereiro de Aguiar, San Cibrao das Viñas e Mos. Así se acordou esta mañá durante a reunión da comisión executiva de Xestur Galicia, empresa pública dependente da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.

En total, adxudicáronse 14 parcelas cun prezo de venda que ascende a 5.388.897,58 euros, unha vez descontadas xa as bonificacións correspondentes –que poden ser do 30 ou do 50%, en función do concello no que estea o parque- e que suman en global 2.754.405,85 euros, tal e como se detalla no seguinte cadro.

PARQUE

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre