Inicio Galicia Medio Ambiente abre unha consulta pública dixital para recibir achegas á futura...

Medio Ambiente abre unha consulta pública dixital para recibir achegas á futura Estratexia de Infraestrutura Verde de Galicia

0

A información que se obteña a través do cuestionario, aberto á participación de empresas, asociacións ou particulares, utilizarase na elaboración do documento


A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio continúa co proceso de participación pública aberto en abril co fin de que o deseño da futura Estratexia de Infraestrutura Verde de Galicia se vexa enriquecido coas achegas do conxunto da sociedade. Así, o Instituto de Estudos do Territorio (IET) vén de lanzar unha consulta pública dixital aberta a calquera asociación, empresa ou particular interesada na materia, e esta semana comezará cos encontros sectoriais programados para recompilar as achegas ao documento de diferentes sectores produtivos galegos.

O IET, dependente da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, leva meses traballando na Estratexia de Infraestrutura Verde de Galicia en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela e coa Universidade da Coruña. Este documento marcará as pautas para a planificación estratéxica dunha rede de áreas naturais ou seminaturais e de elementos ambientais que aseguren a protección da biodiversidade e garantan a provisión dos servizos ecosistémicos necesarios para a poboación.

Leer más:  Tres personas detenidas en libertad con obligación de comparecer en el marco de la 'Operación Vodka'

Co obxectivo de que toda a sociedade poida participar no seu deseño, acaba de habilitarse un cuestionario online a través do cal poderanse xeolocalizar lugares que proporcionan servizos ambientais así coma outros que teñen un impacto medioambiental negativo e, polo tanto, deberían recibir unha atención especial na Estratexia de Infraestrutura Verde de Galicia. As achegas que se realicen por esta vía serán tidas en conta polos redactores.

De forma paralela, nas próximas semanas celebraranse sete encontros participativos de carácter sectorial aos que poderán asistir aquelas persoas, institucións públicas e privadas, asociacións e/ou representantes da Administración con intereses ou coñecementos na materia. En concreto, estas xuntanzas especializadas celebraranse na Cidade da Cultura de Santiago nas datas e cos horarios que se relacionan a continuación: 

Encontro sectorial


- Te recomendamos -