Inicio Galicia Marta Míguez visita o campo de fútbol do Couto no que a...

Marta Míguez visita o campo de fútbol do Couto no que a Xunta de Galicia está a realizar obras por importe de 67.213 euros

0

Con estas obras realizadas en 2018 e sumadas as levadas a cabo en 2017 (102.385,88 euros), 2016 (135.339,18 euros) e 2015 (145.094,86 euros) a Secretaría Xeral do Deporte leva investido nesta instalación 450.033 euros nos últimos 4 anos 

A secretaria xeral para o Deporte, Marta Míguez, supervisou na mañá de hoxe o estado do campo de fútbol do Couto no que a Xunta de Galicia está a realizar varias intervencións que suman un total de 67.213,25 euros investidos neste 2018.

As obras en execución no estadio do Couto teñen por obxecto a construción na zona norte de tribuna duns pequenos aseos novos para homes e mulleres, así como a reforma e modernización dos aseos situados na outra ala de tribuna. Estas dúas intervencións forman parte da obra ‘Remodelación de aseos de zona sur e construción duns novos aseos no Estadio do Couto’ que conta cun orzamento de 36.232,34 euros.

Por outra banda tamén se está a realizar a regularización do solado de tribuna dándolle un acabado de resina e acondicionando e pintando a zona de palco e prensa, así como o arranxo do aseo existente na grada de fondo. Estas outras dúas intervencións insírense nos ‘Traballos de acondicionamento do solado da bancada do Estadio do Couto’ cun importe de 29.329,46 euros.

Leer más:  Procesiones suspendidas este Jueves Santo por el temporal, con rachas que superan los 120 km/h

Por último, estase a iniciar a toma de datos do campo para realizar o plan de autoprotección do estadio no que se identificarán os puntos de risco coa localización de instalacións de risco, localización de medios de protección de incendios, vías de evacuación, programa de mantemento, plan de actuación de emerxencias e implantación do plan de autoprotección. O plan de autoprotección do estadio do Couto terá un investimento de 1.651,45 euros.

Con estas obras realizadas en 2018 e sumadas as levadas a cabo en 2017 -reforma do acceso e do interior das oficinas, a pintura exterior do acceso ás oficinas, a reparación dos vestiarios visitantes e a instalación do sistema de alimentación ininterrompida do grupo electróxeno (102.385,88 euros)-, en 2016 -instalación do marcador electrónico LED de 5 m2, saneado e pintado da fachada principal, arranxo do céspede, reforma da bancada, reparación da instalación eléctrica e reparación dos vestiarios (135.339,18 euros)- e 2015 -reforma e adaptación de espazos para aloxar as oficinas e dependencias das federacións deportivas (145.094,86 euros)- a Secretaría Xeral do Deporte leva investido nesta instalación 450.033 euros nos últimos 4 anos.  

Leer más:  Procesiones suspendidas este Jueves Santo en Galicia por el temporal, con rachas que superan los 120 km/h

- Te recomendamos -