Inicio Galicia Marta Míguez supervisa o estado final das obras de construción do campo...

Marta Míguez supervisa o estado final das obras de construción do campo de fútbol municipal de Cortegada de herba artificial sito no Monte Lomba

0

O campo foi construído grazas ao convenio asinado o pasado mes de setembro de 2017 coa Deputación de Ourense para a realización de obras nas distintas instalacións deportivas da provincia

A secretaria xeral para o Deporte, Marta Míguez, visitou na mañá de hoxe o concello ourensán de Cortegada onde supervisou o estado do campo de fútbol municipal de herba artificial construído grazas ao convenio asinado o pasado mes de setembro de 2017 coa Deputación de Ourense para a realización de obras nas distintas instalacións deportivas da provincia. Segundo este convenio que conta cun orzamento de 1.027.658,57 euros, a Secretaría Xeral para o Deporte subvenciona 500.000 euros (400.000 na anualidade de 2017 e 100.000 na de 2018) e a Deputación Provincial de Ourense achega 527.658,57 euros na anualidade de 2018. O importe das obras de construción do campo de fútbol ascendeu a 247.934 euros.

O proxecto constou de actuacións como a adaptación das pendentes para a recollida de augas pluviais e de rego, realización da cimentación para a suxeición das porterías, instalación da rede de saneamento, instalación da rede de rego automático incluíndo un depósito soterrado, formación do pavimento mediante capa de zahorra artificial, lámina nodular impermeabilizante, capa de aglomerado elástico, instalación de céspede artificial, lastrado mediante area de sílice e estendido de caucho granulado.

Leer más:  La Policía Nacional incauta 14 kilos de hachís al desmantelar una banda criminal en Ourense y detiene a 5 personas

Cómpre sinalar que, segundo os Orzamentos da Comunidade Autónoma, a Secretaría Xeral para o Deporte destinará neste 2018 unha contía de 3.485.313 euros para a construción e a mellora das infraestruturas deportivas de Galicia.

De cara ao novo exercicio orzamentario de 2019, a secretaria xeral avanzou que a Secretaría Xeral para o Deporte volverá a priorizar a construción e mellora das instalacións deportivas de Galicia, tanto propias como as de titularidade municipal, para continuar optimizando a rede de infraestruturas deportivas de Galicia. 


- Te recomendamos -