Inicio Galicia Marta Lucio regresa á dirección do Museo do Mar de Vigo

Marta Lucio regresa á dirección do Museo do Mar de Vigo

0

O Padroado da Fundación Museo do Mar de Vigo aprobou hoxe o nomeamento e constatou o agradecemento a Vicente Caramés polo traballo realizado

O Padroado da Fundación Museo do Mar de Vigo aprobou hoxe o regreso de Marta Lucio á dirección do Museo do Mar de Vigo despois de tres anos nos que desempeñou esta función de xeito provisional o arqueólogo conservador Vicente Caramés, que continuará formando parte do equipo desta institución e ao que a Xunta de Galicia lle agradeceu o labor realizado ao longo deste período.

Marta Lucio é licenciada en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela coas especialidades de Historia da Arte, Arte Antiga e Medieval, cunha ampla traxectoria tanto na xestión cultural como na coordinación de proxectos nesta área.

O seu regreso ao Museo do Mar de Vigo prodúcese precisamente nun momento no que o Goberno autonómico está a apostar por acadar unha mellor definición da realidade museística co impulso do anteproxecto da Lei de Museos de Galicia. Este importante documento compleméntase coa próxima Estratexia da Cultura Galega. Trátase dun plan no que se recollen as principais liñas de actuación e as prioridades das políticas culturais de Galicia e que marca a folla de ruta para afrontar os retos da cultura galega para os próximos anos e que persegue definir as prioridades da política cultural na Comunidade.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre