Inicio Galicia Marta Fernández-Tapias visita as obras de mellora enerxética subvencionadas pola Xunta na...

Marta Fernández-Tapias visita as obras de mellora enerxética subvencionadas pola Xunta na nave de Frigoríficos de Vigo

0
image_gallery.jpg

A delegada territorial da Xunta en Vigo recordou que un total de 12 proxectos de investimentos en pemes de transformación de produtos do mar se beneficiaron de 1,4 millóns de euros para mellorar as súas instalacións na área viguesa


A delegada da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, acompañada polo presidente de Frigoríficos de Vigo, José Antonio Llorca, e o seu director xeral, Darío Iglesias, visitou hoxe unha das tres instalacións desta compañía na cidade, concretamente a localizada no porto olívico.

Así, a representante autonómica tivo a oportunidade de ver o resultado das obras de mellora enerxética realizadas ao abeiro da orde de axudas para investimentos en pemes de transformación dos produtos pesqueiros e da acuicultura, cofinanciadas co Fondo Europeo Marítimo e de Pesca.

Neste senso, Fernández-Tapias recordou que un total de 12 proxectos na área territorial de Vigo se beneficiaron de 1,4 millóns de euros para mellorar as súas instalacións ao abeiro da convocatoria de 2020 e que, no caso concreto de Frigoríficos de Vigo a axuda ascendeu a 217.427 euros.

Segundo puido comprobar, parte desta subvención foi destinada á mellora da eficiencia enerxética da nave do porto vigués, coa instalación de paneis fotovoltaicos así como á mellora tecnolóxica dos procesos e incorporación de novos produtos á cadea.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre