Inicio Galicia Marisol Díaz supervisa a actuación de mellora do acceso á Torre Fírbeda...

Marisol Díaz supervisa a actuación de mellora do acceso á Torre Fírbeda no Concello de Porqueira

0

Esta intervención está enmarcada na liña de subvencións de máis de 3,3 millóns de euros que Turismo de Galicia destinou en 2017 para o fomento da accesibilidade e sinalización turística nos recursos turísticos no medio rural

A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, visitou hoxe o concello de Porqueira, acompañada pola súa alcaldesa, Susana Vázquez, para comprobar o resultado da mellora da accesibilidade dun dos seus principais recursos turísticos e catalogado Ben de Interese Cultural (BIC), a torre Fírbeda.

Esta intervención está enmarcada na liña de subvencións de máis de 3,3 millóns de euros que Turismo de Galicia destinou o pasado ano para o fomento da accesibilidade e sinalización turística nos recursos turísticos no medio rural.

Durante a visita, a delegada territorial explicou que o obxectivo desta liña de subvencións, a través da cal o concello de Porqueira recibiu unha achega de máis de 48.000 euros, é dotar o medio rural de Galicia das infraestruturas e sinalización adecuadas para convertelo nun recurso turístico accesible. Os traballos levados en Porqueira supoñen a valorización deste Ben de Interese Cultural, ao tempo que permiten o mantemento dos seus accesos en óptimas condicións de seguridade para os seus visitantes.

Leer más:  Procesiones suspendidas este Jueves Santo en Galicia por el temporal, con rachas que superan los 120 km/h

Díaz Mouteira explicou que en 2017, mediante esta liña de subvencións, se axudou cuhna achega de máis dun millón de euros a un total de 30 concellos da provincia de Ourense a mellorar a accesibilidade física e á sinalización dos seus recursos turísticos coma os espazos naturais, os miradoiros e as rutas de sendeirismo, as praias fluviais ou os bens culturais.

Marisol Díaz salientou o compromiso da Xunta co impulso turístico dos concellos a través das numerosas liñas de axudas convocadas anualmente polo departamento autonómico dirixido por Nava Castro, estando en tramitación as correspondentes á convocatoria deste ano.


- Te recomendamos -