A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, participou hoxe na VII Gala solidaria en favor da Asociación Española de Loita contra o Cancro (AECC) que se desenvolveu no Auditorio Municipal da cidade das Burgas. Este evento serve para recadar fondos para este colectivo co fin de contribuír con proxectos que continúen no avance na investigación da enfermidade do cancro.