Inicio Galicia Marisol Díaz considera fundamental apoiar a conciliación e mellorar os recursos de...

Marisol Díaz considera fundamental apoiar a conciliación e mellorar os recursos de atención primaria nos concellos do rural para fixar poboación

0

A delegada territorial da Xunta en Ourense visitou hoxe a Escola Infantil Municipal de Melón que renovou os módulos de xogo infantil e cubriu o parque exterior


A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, considera fundamental mellorar os centros da rede galega de recursos para menores de 0 a 3 anos que xa veñen funcionando, o que repercutirá na mellora da calidade da atención recibida, amais de apoiar a conciliación e contribuír a fixar poboación no rural. Así o manifestou na visita que realizou esta mañá á Escola Infantil Municipal de Melón que executou obras de mellora e adquiriu novo material con este obxectivo.

Díaz Mouteira enmarcou a colaboración da Xunta cos concellos galegos que conten cunha escola infantil (0-3 anos) ou un punto de atención á infancia (PAI) e precisen adecuar ou mellorar estes centros con novos equipamentos, servizos e/ou material educativo, na liña de apoios que forman parte do Programa de apoio á natalidade (PAN) que está a desenvolver o Goberno galego. Durante a visita, na que estivo acompañada pola alcaldesa do municipio, Cristina Vilchez, e pola xefa territorial de Política Social, María José Fernández, a delegada comprobou as melloras realizadas neste centro que consistiron na instalación dunha carpa sobre parque infantil exterior; colocación de módulos de xogo infantil para bebés; adquisición de material didáctico e de xogo; e compra de dispositivos para a integración de novas tecnoloxías na aula (ordenadores, impresora, fotocopiadora, proxector e encerado dixital).

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre