Inicio Galicia Mar Pereira avoga pola suma de esforzos para poñer en marcha proxectos...

Mar Pereira avoga pola suma de esforzos para poñer en marcha proxectos tractores que impulsen a transformación tecnolóxica

0


A directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, (Amtega), Mar Pereira, inaugurou hoxe a 17 edición de Galicia TIC poñendo en valor a capacidade do sector tecnolóxico galego e a importancia de cooperar e sumar esforzos para poñer en marcha proxectos tractores que impulsen a transformación tecnolóxica da Comunidade.

Así mesmo, a responsable da Axencia autonómica incidiu na necesidade de posicionarse nas tecnoloxías emerxentes e de contar con perfís profesionais adecuados para liderar proxectos de transformación que nos sitúen e nos permitan competir nun mercado global. Neste sentido, Pereira lembrou que vense de lanzar o proceso de elaboración da Estratexia Dixital de Galicia 2030 e animou a todos o axentes do ecosistema dixital a participar no mesmo. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre