Inicio Galicia Manuel Vila toma posesión como novo secretario xeral técnico da Consellería de...

Manuel Vila toma posesión como novo secretario xeral técnico da Consellería de Cultura e Turismo

0

Ata o momento era subdirector xeral de Ordenación, Innovación Educativa e Formación do Profesorado


O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, presidiu hoxe a toma de posesión de Manuel Vila López como novo secretario xeral técnico da Consellería de Cultura e Turismo. Durante a súa intervención, Román Rodríguez agradeceu o esforzo e dedicación de Manuel Vila durante os seus últimos oito anos como subdirector xeral de Ordenación, Innovación Educativa e Formación do Profesorado e valorou a nova etapa de retos que se abren agora coa nova Consellería, desafíos que pivotan en torno ao Xacobeo 2021.

No acto estiveron presentes todos os responsables directivos da Consellería de Cultura e Turismo, así como da de Educación, Universidade e Formación Profesional. De feito, Vila tivo palabras de agradecemento para todos eles e puxo en valor o sistema educativo galego como exemplo en programas innovadores e de calidade. Ademais, apelou á forza do traballo en equipo para afrontar os novos desafíos da cultura galega e do Xacobeo 2021.

Curriculum VitaeLicenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, desde 1993 pertence ao Corpo Superior da Administración Xeral da Xunta de Galicia e ten o diploma directivo da mesma. Ata o seu nomeamento como secretario xeral técnico exercía como subdirector xeral de Ordenación, Innovación Educativa e Formación do Profesorado da anterior Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Na súa carreira administrativa, Manuel Vila traballou en distintos departamentos con responsabilidades no desenvolvemento de proxectos vinculados tanto á área educativa e social como en áreas económicas de planificación e implantación de redes de transporte. Deste xeito, foi xefe de servizo de Xestión de Servizos Educativos Complementarios (1996-2002); subdirector xeral de Familia (2002-2009); xefe de servizo de Xestión Económica, coordinador de Plans de Transporte Metropolitano (2009-2010); e desde outubro de 2010 desenvolveu o seu labor profesional como subdirector xeral de Ordenación, Innovación Educativa e Formación do Profesorado.

Nesta última etapa foi responsable do desenvolvemento de programas nos ámbitos da innovación educativa, da educación dixital, do plurilingüismo, da atención á diversidade e da ordenación académica. Como responsable de formación permanente do profesorado en Galicia participou en múltiples actividades formativas como relator e en diferentes publicacións.

Así mesmo, formou parte de distintos grupos de traballo no marco no marco do Instituto Nacional de Tecnologías Educativas y Formación del Profesorado e de outros organismos e unidades do Ministerio de Educación, Ciencia y Deporte. No campo da internacionalización representou ás comunidades autónomas de España en 2017 no Comité Erasmus+ e participou en diferentes programas europeos vinculados coa innovación educativa de cara á era dixital.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre