Inicio Galicia Mañá remata o prazo para solicitar o voto por correo dos electores...

Mañá remata o prazo para solicitar o voto por correo dos electores residentes no estranxeiro

0

O prazo para solicitar o voto por correo para as persoas que residen en Galicia mantense aberto ata o próximo 2 de xullo


Mañá é o último día para que os electores residentes de forma permanente no estranxeiro (CERA) e os residentes temporalmente no estranxeiro (ERTA) soliciten o seu voto por correo.

Os electores inscritos no CERA deberán cubrir a solicitude oficial e remitila por fax, por correo ou a través da sede electrónica do INE á delegación provincial correspondente da Oficina do Censo Electoral. Unha vez recibida a documentación para votar, poderán remitir o seu voto por correo ata o sábado 11 de xullo ou depositar o seu voto en urna nos consulados entre o 8 de xullo e o 12 de xullo ata as 20 horas.

No caso dos electores residentes temporalmente no estranxeiro, poden solicitar o seu voto ata mañá nas oficinas consulares ou seccións consulares das embaixadas. Logo de recibir a documentación, poderán remitir o seu voto por correo ata o 8 de xullo.

Por outra banda, cómpre recordar que segue aberto ata o 2 de xullo o prazo para solicitar o voto por correo para as persoas residentes en Galicia. Pódese solicitar en calquera oficina de Correos ou ben por vía telemática a través da páxina web de Correos. O voto poderá enviarse por correo certificado ata o 10 de xullo ás 14 horas, ou ben facer entrega do mesmo no mesmo momento en que se recibe a documentación no domicilio. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre