O Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia colabora na iniciativa
A ConsellerÃa do Medio Rural, a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), organiza entre mañá e o xoves unha xornada sobre a pegada de carbono en gandarÃas de produción ecolóxica. A acción formativa, na que colabora o Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (Craega), impartirase no salón de actos do recinto feiral de Curtis.
A iniciativa, que se desenvolverá en horario de mañá e tarde, está dirixida principalmente a gandeiros. Contará cunha duración total de 10 horas, das cales 7 serán teóricas e 3 prácticas. Nese tempo, trataranse temáticas como o funcionamento das gandarÃas en ecolóxico, a pegada de carbono e o futuro de ambas certificacións, asà como as súas posibilidades no mercado.
Asà mesmo, durante a xornada abordarase a nova normativa europea de produción ecolóxica e ensinaráselles aos asistentes como poden calcular a pegada de carbono da súa explotación, con vistas a reducila mediante boas prácticas ambientais.
O principal obxectivo do Plan de formación ao agro galego é impulsar o desenvolvemento de actividades formativas, de demostración e información que leva a cabo a ConsellerÃa do Medio Rural. Con estas accións, preténdese contribuÃr a que os coñecementos cheguen aos seus últimos destinatarios: agricultores, gandeiros, silvicultores ou representantes da industria agroalimentaria.
Polo tanto, trátase de mellorar a capacitación dos traballadores dos sectores agrario, agroalimentario e forestal en todo o relacionado cos aspectos técnicos e económicos das súas actividades incidindo, cando sexa preciso, na reordenación das producións e no emprego dos métodos produtivos respectuosos coa conservación e na protección do medio.