Inicio Galicia Mañá dá comezo en Bruxelas a XVI Semana Europa das Rexións e...

Mañá dá comezo en Bruxelas a XVI Semana Europa das Rexións e das cidades na que Galicia é protagonista en tres seminarios

0

O evento está organizado polo Comité Europeo das Rexións en colaboración coa Dirección Xeral de Política Rexional da Comisión Europea

Mañá dá comezo a Semana Europea das Rexións e das Cidades, en Bruxelas, cunha cerimonia na que intervirán o presidente da Comisión Europea, Jean-Claude Juncker e a comisaria de Política Rexional, Corina Cretu, que centrarán as súas intervencións sobre importancia da Política de Cohesión para o futuro de Europa. Galicia estará representada neste acto polo director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, e, ao longo da semana, ata en tres seminarios diferentes participando en debates sobre pesca, innovación e turismo cultural.

O primeiro seminario con participación galega, “Impulsar a adopción de tecnoloxías dixitais por parte das pemes europeas”, terá lugar o 8 de outubro, de 14.00 a 17.00 horas, na sede da Fundación Galicia Europa e está organizado pola Axencia Galega de Innovación (GAIN) e a Rede de Investigación e Innovación das Rexións de Europa (ERRIN), da que GAIN forma parte. O evento ten como obxectivo sensibilizar ás rexións sobre a estratexia da Comisión Europea para dixitalizar a industria. Con ese propósito, os participantes no seminario abordarán os retos e desafíos da transformación dixital das rexións e cidades e analizarán como utilizar os fondos europeos, principalmente FEDER, para impulsar e instaurar novos modelos de negocio, procesos da Industria 4.0 e tecnoloxías TIC nas pequenas e medianas empresas.

Leer más:  Díaz alaba el Encaixe de Camariñas, ejemplo de "cultura" y "trabajo" hecho por mujeres que pone a Galicia "en el mundo"

O 10 de outubro, no SQUARE conference center, o protagonismo será para o sector marítimo e pesqueiro grazas á conferencia organizada polo Comité Europeo das Rexións xunto a Farnet, a Rede Europea de Zonas de Pesca, sobre a execución de fondos europeos a través dun enfoque local participativo en zonas pesqueiras, rurais e urbanas.

Neste contexto e como exemplo de boas prácticas, a directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro da Xunta de Galicia, Susana Rodríguez, presentará o funcionamento dos Grupos de Acción Local de Pesca en Galicia, e o seu impacto na consecución de zonas de pesca sostible, e como se está implementar a Política Pesqueira Común na rexión.

Na mesma xornada, a Fundación CETMAR – Centro Tecnolóxico do Mar- tamén estará presente na Semana Europea das Rexións e Cidades para dar a coñecer CleanAtlantic, proxecto europeo financiado polo Programa INTERREG Espacio Atlántico que coordina dende Galicia e no que tamén participan pola parte galega o INTECMAR, a USC, e o IEO. Co propósito de loitar contra o lixo mariño no atlántico europeo, CleanAtlantic, pon en marcha diversas accións para mellorar as capacidades de prevención, monitorización e eliminación do lixo mariño, así como para concienciar á sociedade en xeral. CETMAR foi invitada a representar ao proxecto no evento e estará presente, de 13.30 a 18.00 horas, no posto “Made in INTERREG” explicando as diferentes accións de CleanAtlantic e o seu impacto no territorio Atlántico e invitando aos visitantes a descubrir datos interesantes sobre o lixo mariño a través dun xogo interactivo.

Leer más:  Rueda destaca el patrimonio cultural, el paisaje y la gastronomía como atractivos turísticos de Galicia

Turismo e patrimonio culturalPor último, o 11 de outubro, de 9.00 a 13.30 horas, a sede da Fundación Galicia Europa acollerá o evento “Iniciativas locais no eido do turismo cultural: un legado para Europa”; neste caso organizado xunto á Axencia de Turismo de Galicia e NECSTouR, a rede europea de autoridades rexionais de turismo, da que Galicia forma parte. NECSTouR explicará a súa contribución ao Ano Europeo de Patrimonio Cultural 2018, destacando o papel do turismo como elemento clave para a sustentabilidade do patrimonio cultural. Durante o acto, no que intervirá o director de Competitividade de Turismo de Galicia, Jose Luis Maestro, o eurodiputado galego, Francisco Millán Mon, así como a Universidade de Santiago de Compostela, presentarase a versión final dunha declaración política sobre as sinerxías entre o patrimonio cultural e o turismo baixo o nome “Mellores lugares para vivir, mellores lugares para visitar”.16º aniversario da Semana Europea das Rexións e CidadesDesde 2003, o Comité Europeo das Rexións (CdR), en colaboración coa Dirección Xeral de Política Rexional da Comisión Europea (DG REGIO), celebra, a principios de outubro, unha semana dedicada ás rexións e cidades de Europa.

Leer más:  Rescatan a un hombre tras precipitarse por un barranco el coche que conducía en Covelo (Pontevedra)

Trátase dun evento que, durante catro días, brinda a funcionarios das administracións rexionais e locais, expertos e representantes do mundo académico a posibilidade de poñer en común boas prácticas e coñecementos especializados en materia de desenvolvemento rexional e urbano. A Fundación Galicia Europa traballa cada ano para favorecer a participación de actores galegos neste evento.

Polo seu 16º aniversario, a Semana Europea das Rexións e das Cidades centra o seu programa na Política de Cohesión, que neste 2018 cumpre 30 anos, baixo o título “Por unha Política de Cohesión da UE máis forte máis alá de 2020”.


- Te recomendamos -