Inicio Galicia Mañá comeza a veda da centola e do boi nas provincias da...

Mañá comeza a veda da centola e do boi nas provincias da Coruña e Pontevedra

0

A prohibición de extracción deste crustáceo prolongarase ata o vindeiro 8 de novembro, día incluído, en ambas provincias


A veda da centola e do boi na parte litoral que vai desde A Guarda ata cabo Corrubedo e de cabo Corrubedo ata cabo Estaca de Bares comeza mañá e prolongarase ata o vindeiro 8 de novembro, día incluído. Na zona comprendida entre cabo Estaca de Bares ata o río Eo, incluíndo a ría do Barqueiro, a veda comezará o 26 de xuño, venres, e prolongarase ata o vindeiro 29 de novembro, día incluído.

Así o especifica a resolución pola que se aproba o plan de xestión destas especies para a campaña 2020-2021, que establece o período de veda para este ano nas provincias da Coruña e Pontevedra desde as 00:00 horas do sábado 20 de xuño ata as 00:00 horas do domingo 8 de novembro. Na provincia de Lugo a veda prolongarase das 00:00 horas do venres 26 de xuño ata as 00:00 horas do domingo 29 de novembro.

O período de veda significa que queda expresamente prohibida a captura destas especies para todas as embarcacións por medio de calquera arte na nosa comunidade. De feito, as embarcacións dedicadas á captura de centola e boi con nasas deberán retiralas do seu calamento e levalas a porto.

A veda é unha das medidas que contribúen a aumentar a biomasa e a regular a pesqueira da centola e do boi co fin de axustar a xestión pesqueira ao ciclo de vida da especie e así protexer a súa reprodución e favorecer unha explotación máis sustentable.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre