Inicio Galicia Mañá arranca en Mondariz a xornada sobre o aproveitamento sostible de plantas...

Mañá arranca en Mondariz a xornada sobre o aproveitamento sostible de plantas de interese medicinal, aromático e cosmético

0
image_gallery.jpg

Terá lugar na biblioteca municipal e o vindeiro sábado, 10 de outubro, haberá unha segunda edición deste curso


Mañá terá lugar na biblioteca municipal de Mondariz a xornada técnica sobre o aproveitamento sostible de plantas de interese medicinal, aromático e cosmético que organiza a Consellería do Medio Rural, a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal. Ademais, o vindeiro sábado 10 de outubro, celebrarase unha nova xornada, xa que debido ás restricións da covid-19 houbo que facer dúas edicións para dar cobertura ás solicitudes presentadas.

Esta xornada vai dirixida a traballadores do sector agrario, agroalimentario e forestal e outros interesados na materia, como titulados de ciclos formativos, empresarios ou membros de comunidades de montes e asociacións de veciños. Así, abordarase a obtención de infusións e esencias a partir de especies silvestres medicinais e aromáticas de procedencia galega. Contarase coa participación de Francisco Javier Silva Pando, investigador e coordinador científico deste proxecto e técnico do Centro de Investigación Forestal de Lourizán.

Ademais, tamén participarán outros profesionais que tratarán temas como os principios activos das plantas medicinais enfocado á actividade terapéutica das mesmas, o cultivo e procesado destas plantas e finalmente celebrarase un taller práctico sobre as normas de recolección e a obtención de extractos de plantas destas características. Este curso está integrado no Plan de formación ao agro galego 2020, cuxo principal obxectivo é impulsar o desenvolvemento de actividades formativas, de demostración e información que leva a cabo a Consellería do Medio Rural. Con estas accións, preténdese contribuír a que os coñecementos cheguen aos seus últimos destinatarios: agricultores, gandeiros, silvicultores ou representantes da industria agroalimentaria.

Polo tanto, trátase de mellorar a capacitación dos traballadores dos sectores agrario, agroalimentario e forestal en todo o relacionado cos aspectos técnicos e económicos das súas actividades incidindo, cando sexa preciso, na reordenación das producións e no emprego dos métodos produtivos respectuosos coa conservación e na protección do medio.  

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre