Inicio Galicia Mañá amplíase ata o 15 de decembro o prazo de presentación de...

Mañá amplíase ata o 15 de decembro o prazo de presentación de licenzas e permisos para os solicitantes das axudas de plans de mellora, incorporación de mozos e pequenas explotacións

0
image_gallery.jpg

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a orde que aumenta excepcionalmente en tres meses o período marcado inicialmente para aportar esta documentación


O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a orde da Consellería do Medio Rural que amplía ata o 15 de decembro o prazo de presentación da licenza municipal de obra e dos diferentes permisos administrativos correspondentes ás axudas de plans de mellora, incorporación de mozos e pequenas explotacións. O período dispoñible para aportar esta documentación auméntase así, excepcionalmente, en tres meses.

Ante as peticións de diferentes organismos para prolongar dito período co fin de poder emitir os preceptivos permisos, o departamento de Medio Rural decidiu, un ano máis, ampliar o prazo para facilitar a tramitación a gandeiros e agricultores solicitantes destas subvencións e evitar así que perdan as achegas.

Cómpre lembrar que o orzamento desta convocatoria -encadrada no Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) de Galicia 2014-2020- chega aos 41 millóns de euros. En concreto, 24 millóns irán destinados a plans de mellora, 14 millóns investiranse na incorporación de mozos á actividade agraria e 3 millóns de euros focalizaranse na creación de empresas para o desenvolvemento de pequenas explotacións. Ao abeiro da convocatoria do ano pasado, un total de 533 beneficiarios recibiron axuda para acometer plans de mellora, 356 mozos e mozas obtiveron subvención para incorporarse ao agro e 200 persoas solicitantes conseguiron achega para a creación de pequenas explotacións.

A orde entra en vigor mañá, día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre