Inicio Galicia Mañá ábrese o prazo para solicitar as axudas de reestruturación e reconversión...

Mañá ábrese o prazo para solicitar as axudas de reestruturación e reconversión de viñedo, por valor de 1,4 millóns de euros

0

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a orde da Consellería do Medio Rural pola que se establecen as bases reguladoras destes plans

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a orde da Consellería do Medio Rural pola que se establecen as bases reguladoras das axudas aos plans de reestruturación e reconversión da viña en Galicia co ano 2018, que se poderán solicitar dende mañá e ata o vindeiro 16 de maio. O orzamento total para estas achegas é de 1,4 millóns de euros.

Poderán beneficiarse destas axudas as persoas viticultoras inscritas no Rexistro Vitivinícola de Galicia (RVG) cuxas viñas se destinen á produción de uva para vinificación. Estas achegas aplicaranse ás superficies vitícolas onde se leven a cabo operacións de reimplantación de viñas, reconversión varietal e/ou melloras das técnicas de xestión das viñas. Neste senso, cómpre matizar que a superficie mínima a executar rebaixase do 80 ao 50%, que de ser o caso levaría aparellada unha diminución da axuda aprobada.

Leer más:  -Investigan un posible incendio intencionado en un hotel de Camariñas (A Coruña)-

Entre as principais novidades desta orde, que foi consensuada co propio sector a través dos consellos reguladores, destaca que por primeira vez en Galicia se iguala a porcentaxe de subvencionabilidade dos plans individuais á dos colectivos, sen prexuízo de que estes últimos, entre outros criterios, sexan priorizados no procedemento de selección das solicitudes.

Outras das novidades é que a partir de agora cada viticultor deberá seleccionar o seu propio calendario de execución, escollendo entre unha execución anual (ata o 31 de xullo de 2019) ou bianual (ata o 31 de xullo de 2020), con ou sen anticipo. Así mesmo, valorarase a contratación dos seguros agrarios para a uva de vinificación así como a concentración de superficie vitícola nunha única parcela.

A través destas axudas, a Consellería do Medio Rural pretende que se leven a cabo os reaxustes estruturais necesarios para diminuír os custos de produción das explotacións e apostar polo seu redimensionamento. Tamén se fomenta a adaptación das variedades ás demandas do consumidor ao tempo que se preservan as viníferas autóctonas galegas, de menores rendementos e elevada calidade diferenciada, aproveitando así a gran vantaxe competitiva que supón a súa diferenciación nun mercado cada vez mais globalizado.

Leer más:  El primer pleno de la legislatura comienza el martes con Altri, los contratos de la covid y el registro de gallineros

Por outra parte, con esta orde a consellería aposta por seguir profundizando na profesionalización do sector vitícola galego, ao tempo que se potencia a remuda xeracional e un desenvolvemento rural socialmente xusto e viable. As solicitudes deberán presentarse exclusivamente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta (https://sede.xunta.gal).


- Te recomendamos -