Inicio Galicia Máis de 900 empregados públicos participarán nas probas do primeiro proceso de...

Máis de 900 empregados públicos participarán nas probas do primeiro proceso de funcionarización do persoal laboral fixo da Xunta

0

A previsión da Xunta é celebrar as probas na primeira semana do mes de outubro


Un total de 903 empregados públicos participarán nas probas do primeiro proceso global de funcionarización do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, segundo a lista de admitidos publicada hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG).

A previsión da Xunta é celebrar estas probas na primeira semana do mes de outubro, e o proceso selectivo que deberán superar será o de concurso-oposición, tal e como se establece no Estatuto do Empregado Público (EBEP). En todo caso, trátase dunha proba de características diferentes ás establecidas para un proceso selectivo ordinario pois non é un proceso de carácter competitivo como sucede nun proceso selectivo de acceso libre. Os profesionais que superen este proceso seguirán ocupando o mesmo posto de traballo.

Trátase dun proceso restrinxido no que só poden participar aqueles traballadores que xa son persoal laboral fixo con contrato na Xunta e que pertencen a algunha das diversas categorías e postos indicados nas convocatorias publicadas no DOG o no mes de febreiro.

Primeiro proceso global de funcionarizaciónEste é o primeiro proceso de funcionarización que se realiza na Administración pública galega, e está previsto no Acordo de Concertación Social do Emprego Público de Galicia asinado entre a Xunta e os sindicatos CC.

OO. e UXT a principios de 2019. É un proceso de carácter voluntario que habilita ao persoal laboral fixo incluído no ámbito de aplicación do Convenio Colectivo Único do persoal laboral da Xunta que superou un proceso selectivo para ter esa condición de persoal laboral fixo, para adquirir a condición de persoal funcionario de carreira a través dun procedemento selectivo específico.

A finalidade deste procedemento é unificar o réxime xurídico aplicable ao persoal que presta servizos na Administración da Xunta de Galicia, para unificar a disparidade de réximes xurídicos aplicables ao persoal e cumprir o principio xeral de que os postos de traballo nas administracións públicas deben ser desempeñados por persoal funcionario.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre