Inicio Galicia Máis de 9.600 nenos e nenas participarán nas actividades da campaña Ponlle...

Máis de 9.600 nenos e nenas participarán nas actividades da campaña Ponlle as pilas ao teu bocata o ano que vén

0

Desde o ano 2010 ata a actualidade beneficiáronse do programa máis de 72.000 escolares de toda Galicia

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, participou esta mañá nos obradoiros da campaña Ponlle as pilas ao teu bocata que se realizaron no polideportivo O Burgo, en Culleredo. Esta iniciativa, desenvolvida dende o ano 2010 pola Consellería do Mar coa colaboración das Consellerías de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a de Sanidade e ANFACO-CECOPESCA, busca achegar o mundo das conservas e dos produtos do mar aos nenos e nenas e desde aquela máis de 72.000 escolares participaron nas súas actividades.

Por iso, de cara a seguir fomentando o consumo de produtos do mar entre os máis pequenos, a Consellería do Mar seguirá adiante con esta campaña o vindeiro ano e achegará os produtos do mar en conserva a máis de 9.600 nenos e nenas, adiantou a conselleira Rosa Quintana.

A través dos obradoiros, nos que hoxe participaron 100 escolares, os nenos e nenas aprenden contidos relativos aos valores nutritivos das conservas de produtos do mar e realizan xogos nos que poden experimentar coa realidade virtual, realizando diversos quebracabezas e outras actividades.

Leer más:  Se ha generado un incendio forestal en Cabanas (A Coruña) que ha alcanzado a dos hectáreas de las Fragas do Eume

Outra das actividades desta campaña é a elaboración de bocatas a base de conservas do mar como atún e sardiña en aceite de oliva, mexillón en escabeche e produtos frescos como leituga, tomate, millo, cenoria, queixo e olivas. Deste xeito, búscase fomentar o consumo de conservas de peixe e marisco entre o alumnado de educación primaria e transmitirlles a importancia das súas achegas nutritivas.

Grazas a estes obradoiros tamén se fomenta entre os nenos e nenas o coñecemento das distintas especies de peixe e moluscos e as súas características nutricionais e aprenden a manipular os alimentos do mar desde un punto de vista gastronómico empregando as conservas como base de receitas sinxelas.

A maiores, a iniciativa conta coa páxina web www.ponlleaspilasaoteubocata.xunta.es, que entre os seus contidos inclúe receitas de bocatas, consellos de alimentación, unha unidade didáctica e xogos dirixidos ao público infantil aos que se pode acceder en calquera ocasión. 


- Te recomendamos -