Inicio Galicia Máis de 70 empresas reforzan a súa proxección exterior na Semana Contract...

Máis de 70 empresas reforzan a súa proxección exterior na Semana Contract Galicia

0

A Consellería, Emprego e Industria impulsa esta iniciativa co obxectivo de fomentar alianzas estratéxicas con outros líderes a nivel mundial deste sector centrado no equipamento de edificios colectivos

Un total de 73 empresas participaron esta semana en Santiago de Compostela na Semana Internacional Contract de Galicia, un encontro que tivo por obxectivo dar resposta ás novas tendencias e á diversificación internacional no ámbito do equipamento de edificios colectivos.

A iniciativa, que a Consellería de Economía, Emprego e Industria pon en marcha por oitavo ano consecutivo, posibilitou a colaboración entre as pemes galegas e prescritores, ademais da cooperación intelixente entre compañías, para mellorar a presenza exterior e a competitividade. A cita permitiu afondar nas oportunidades de negocio que ofrecen os mercados internacionais á industria, ao tempo que dá a coñecer os proxectos que desenvolven as compañías galegas nese ámbito.

A Semana Contract incluíu encontros bilaterais e visitas a empresas do sector, nos que profesionais da industria galega se puxeron en contacto con prescritores internacionais co obxectivo de aproveitar as oportunidades de traballo con multinacionais de diferentes campos, como o hoteleiro, o téxtil ou o da automoción, favorecendo as relacións comerciais e a xeración de negocio internacional.

Leer más:  La operación en Ourense y Pontevedra contra fabricantes de narcolanchas continúa abierta con seis detenidos

As xornadas incluíron tamén mesas de debate e relatorios sobre experiencias en internacionalización, nas que expertos e directivos de empresas ofreceron unha análise da proxección exterior dun sector que ten un peso destacado na economía galega, e nas que se afondou nas tendencias e necesidades das compañías a nivel mundial, con especial interese nos mercados latino e norteamericano.


- Te recomendamos -