Inicio Galicia Máis de 600 traballadores fixos descontinuos anti incendios de Medio Rural incorporáronse...

Máis de 600 traballadores fixos descontinuos anti incendios de Medio Rural incorporáronse onte ao servizo activo

0

Esta incorporación do persoal de 9 meses faise efectiva todos os anos antes da chegada da primavera, de acordo coas necesidades de programación e planificación e en función das circunstancias climatolóxicas 


Un total de 627 traballadores fixos descontinuos de 9 meses do Servizo de Prevención e Defensa Contra Incendios Forestais (SPDCIF) da Xunta incorporáronse onte ao servizo activo, cumprindo así as previsións da Consellería do Medio Rural para reforzar estes labores antes da chegada da primavera.

Esta incorporación faise efectiva todos os anos nestas datas, de acordo coas necesidades de programación e planificación e en función das circunstancias climatolóxicas presentes e previstas. Son empregados que permanecerán en activo ata o vindeiro 30 de novembro.

O persoal que se incorpora forma parte do colectivo de bombeiros forestais, nas categorías de xefe de brigada, bombeiro forestal, bombeiro forestal condutor, oficial de defensa contra incendios, condutor de motobomba, ademais de emisoristas e vixilantes fixos.

Ademais, a partires de agora tamén se empezan a despregar de forma progresiva os medios da precampaña, que vai de marzo a xuño (ambos meses incluídos). Deste xeito, refórzanse os medios, tanto humanos como materiais, para o correcto funcionamento deste servizo. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre