Inicio Galicia Máis de 60 carteis de 17 países presentáronse ao concurso de Cartelismo...

Máis de 60 carteis de 17 países presentáronse ao concurso de Cartelismo Terras Gauda ? Turismo de Galicia

0

Os premiados, que achegaron obras para promocionar as xornadas das Rutas dos Viños, son Jesús Barbeito e Álvaro Ortiz, autores do deseño para promover a novena e décima edición desta iniciativa impulsada pola Xunta


O concurso levado a cabo no marco da Bienal Internacional de Cartelismo Terras Gauda – Francisco Mantecón para deseñar a imaxe das Xornadas de Portas Abertas das Rutas do Viño que impulsan a Xunta de Galicia e as Rutas do Viño xa ten gañadores.

Jesús Barbeito e Álvaro Ortiz son os vencedores entre un total de 61 propostas de 36 deseñadores de 17 países tan diversos como Indonesia, Estados Unidos, Francia, Brasil, Bulgaria, Polonia e Rusia, así como de diferentes puntos de España.

Así, a imaxe das vindeiras xornadas, as novenas, é obra de Jesús Barbeito Rivas (Madrid) e a da edición do ano 2021, as décimas, corresponde a Álvaro Ismael Ortiz Albero, de Zaragoza.

O concurso é froito da colaboración entre Bodegas Terras Gauda e a Consellería de Cultura e Turismo para deseñar a imaxe publicitaria da iniciativa desenvolvida por Turismo de Galicia en colaboración coas Asociacións das Rutas dos Viños galegas: Monterrei, O Ribeiro, Rías Baixas, Ribeira Sacra e Valdeorras. O obxectivo é contribuír ao desenvolvemento turístico das cinco zonas vitivinícolas galegas.

O certame estaba dirixido aos finalistas e premiados da Bienal Internacional de Cartelismo Terras Gauda – Concurso Francisco Mantecón, que no 2019 alcanzou a súa 14º edición, erixido como o certame de deseño gráfico máis relevante convocado por unha entidade privada a nivel internacional. Desde o 2001, participaron máis de 18.000 carteis chegados desde 100 países de todo o mundo.

O xurado do concurso, presidido pola directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, estivo formado polo deseñador gráfico Javier Jaén; Diego Areso, director de Arte de El País, e Santiago Bacariza, xefe da Área de Produto de Turismo de Galicia.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre