Inicio Galicia Máis de 400 persoas participan nas probas de selección unitarias para a...

Máis de 400 persoas participan nas probas de selección unitarias para a cobertura de prazas de policía local

0

O director xeral de Emerxencias e Interior, Luis Menor, achegouse ata esta primeira fase do proceso de selección


O recinto feiral de Silleda acolle hoxe o primeiro exercicio do proceso selectivo unitario convocado pola Xunta para a cobertura de 38 prazas de policía local en 23 concellos galegos, e no que participaron máis de 400 persoas.

O director xeral de Emerxencias e Interior, Luis Menor, desprazouse ata o lugar para seguir de primeira man o transcurso do proceso. Hoxe desenvólvese a proba de coñecementos, un cuestionario tipo test con 100 preguntas, máis 10 de reserva, sobre as 40 materias que forman parte do temario (dereito penal, procesual, constitucional, emerxencias, socioloxía, tráfico, igualdade…). Os aspirantes teñen 132 minutos de tempo para a súa realización. A finais deste mes levarase a cabo a proba de coñecementos da lingua galega, e, en decembro, as probas físicas e as psicotécnicas.

Este ano é a primeira vez que a Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) convoca un proceso unificado para os membros dos corpos de policía local de Galicia, e ao que se poden adherir voluntariamente os concellos que así o desexen. Ata o de agora, teñen asinado un convenio de colaboración un total de 52 concellos, o que supón o 40% dos concellos que contan con Policía Local en Galicia.

Leer más:  La educación decide la especialidad y el idioma de 489 plazas docentes en 72 especialidades para la convocatoria de 2025

Estas probas súmanse así ao proceso de cobertura de prazas de auxiliares de policía local, que se xa se celebrou e rematou con éxito grazas a adxudicación dun total de 109 prazas.

A posta en marcha deste proceso unitario supón un importante avance que permitirá mellorar a profesionalización da Policía Local, ao tempo que facilita a xestión dos concellos, evitando cargas e posibilitando a cobertura de vacantes e a mellora dos cadros de persoal destes corpos.


- Te recomendamos -