Inicio Galicia Máis de 40 axentes da Policía Autonómica velan cada día pola seguridade...

Máis de 40 axentes da Policía Autonómica velan cada día pola seguridade dos peregrinos no Camiño de Santiago

0

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva; a directora da Axencia Turismo de Galicia, Nava Castro; e o comisario da Policía Autonómica, Fernando Pico, desprazáronse hoxe ao Pino para visitar unha destas patrullas

Máis de 40 axentes da Policía Autonómica velan cada día pola seguridade dos peregrinos nas distintas rutas do Camiño de Santiago. As patrullas ocúpanse de tarefas de vixilancia e de asistencia; así como de protección do medio ambiente e o patrimonio.

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva; a directora da Axencia Turismo de Galicia, Nava Castro; e o comisario da Policía Autonómica, Fernando Pico, desprazáronse hoxe ao Pino para visitar unha destas patrullas durante o seu traballo. Estiveron acompañados polo alcalde da localidade, Manuel Taboada. No acto, aproveitaron para distribuír cubremochilas entre os peregrinos para mellorar a seguridade viaria.

Os axentes que se desprazan cada día aos arredores das distintas rutas do Camiño, nas catro provincias, empregan vehículos todoterreo e motocicletas para garantir a atención en zonas de difícil acceso.

As funcións que realizan son preventivas (pequenos roubos, mendicidade, venta ambulante non autorizada…), medioambiental (incendios, verteduras…); protección do patrimonio (actuacións prohibidas no contorno do camiño, alteración de sinais, publicidade non autorizada….) e investigadora (control de peregrinos, control de albergues…).

No que vai de ano, a Policía Autonómica ten realizado case 1.100 inspeccións relacionadas co Camiño, que resultaron en 10 denuncias, a maioría delas por cartelería ilegal, venta ambulante ou relacionadas co patrimonio.

A Xunta ten solicitado en varias ocasións ao Ministerio de Interior que complete o cadro de persoal da Policía Autonómica, que precisaría de 100 efectivos máis para estar cuberto de forma total. Desta forma, os axentes tamén poderán intensificar a súa vixilancia nos tramos iniciais e finais dos camiños de Santiago.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre