Inicio Galicia Máis de 4.000 beneficiarios galegos das axudas agroambientais da PAC veñen de...

Máis de 4.000 beneficiarios galegos das axudas agroambientais da PAC veñen de cobrar 15,6 millóns de euros da campaña de 2018

0

O DOG publica hoxe a correspondente resolución do Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga), organismo pagador dependente da Consellería do Medio Rural, pola que se dá publicidade aos receptores e importes destas achegas

Un total de 4.065 persoas beneficiáronse en Galicia das axudas de agroambiente e clima e de agricultura ecolóxica correspondentes á campaña de 2018 da Política Agrícola Común (PAC). Estas achegas sumaron 15,6 millóns de euros, que se aboaron nos meses de xuño e xullo do presente ano 2019.

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a correspondente resolución do Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga), organismo pagador dependente da Consellería do Medio Rural, pola que se dá publicidade á relación de beneficiarios e importes destas axudas.

A convocatoria destas subvencións publicárase no mes de febreiro de 2018 a través dunha Orde da Consellería do Medio Rural pola que se regulaba a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao Sistema integrado de xestión e control, no marco da PAC.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre