Inicio Galicia Máis de 32.000 persoas participaron en actividades levadas a cabo pola Fundación...

Máis de 32.000 persoas participaron en actividades levadas a cabo pola Fundación Galicia Europa

0

A Fundación Galicia Europa celebrou hoxe a reunión do seu Padroado onde aprobaron as contas e fixeron balance do traballo levado a cabo o pasado ano


A Fundación Galicia Europa mantivo esta maña a reunión do Padroado da Fundación onde destacaron que no ano pasado máis de 32.000 persoas participaron nas actividades levadas a cabo na Fundación.

Na reunión do Padroado asistiron a conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, o director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, os secretarios xerais da consellería de Economía, Emprego e Industria e da consellería do Mar, ademais do director xeral de Fondos Europeos, David Cabañó.

Na reunión foron aprobadas as contas e fixeron un balance do pasado ano, onde Jesús Gamallo destacou o traballo levado a cabo pola Fundación para defender os intereses galegos en Europa que, en 2017, se centraron na aposta por unha política rexional forte, que garanta fondos estruturais para Galicia ata o 2027; na extensión do Corredor Atlántico de transporte ata Galicia e na defensa da política pesqueira común ante o escenario do Brexit.

Leer más:  El mal tiempo no frena a los peregrinos: Santiago recibe 4.000 caminantes antes del arranque de los festivos

Para estes e outros fins, seis membros do Goberno galego- incluído o Presidente- viaxaron a Bruxelas durante o pasado ano con axendas preparadas e coordinadas pola Fundación Galicia Europa. Coa mesa finalidade, defender os intereses de Galicia en Bruxelas, participouse en 10 foros de debate celebrados na capital belga e en 22 eventos do Comité Europeo das Rexións (CdR), contribuíndo así a que Galicia liderase dous ditames no CdR: un, sobre a nova axenda europea en materia de cooperación ao desenvolvemento e, outro, sobre o Fondo Europeo Marítimo e Pesqueiro a partir de 2021, ambos os dous aprobados por unanimidade en febreiro de 2017 e maio de 2018, respectivamente.

Como se recolle no informe de actividades publicado hoxe, a Fundación tamén traballou de maneira intensa para achegar os debates europeos a Galicia; organizando en Santiago de Compostela,tres diálogos cidadás para reflexionar xunto aos líderes europeo sobre o futuro de Europa no marco dun amplo proceso de consulta levado a cabo en toda a UE.

Fomento da participación en proxectos europeos En relación coa formación e o fomento da participación en proxectos europeos, organizou en 2017 a cuarta e a quinta edición do seu programa TecEuropa, que congregou a 40 técnicos de entidades locais, universidades, ONG galegas e da propia administración autonómica, para reforzar os seus coñecementos sobre o financiamento comunitario.

Leer más:  O mal tempo non frea aos peregrinos: Santiago recibe 4.000 camiñantes antes do arranque dos festivos

Ademais, tamén en 2017, grazas a un convenio coa Dirección Xeral de Xuventude, iniciou a súa participación como socia en dous proxectos de cooperación transfronteiriza co Norte de Portugal: LIDERA, que pretende catalizar as oportunidades de emprego e emprendemento dos mozos da Eurorexión e, EUROCIDADE 2020, que ten por obxectivo reforzar a cooperación entre Chaves e Verín, dous municipios transfronteirizos que comezan a xestionar de forma conxunta os seus servizos.

Padroado Fundación Galicia EuropaO Padroado da Fundación está composto pola Xunta de Galicia, ABANCA, o Consorcio Zona Franca de Vigo, a Deputación da Coruña, a Deputación de Lugo e a Axencia Galega de Innovación (GAIN). A FGE ten o mandato pola Xunta de Galicia para exercer a representación autonómica galega ante as institucións e órganos da Unión Europea seguindo as directrices do Goberno autonómico e respectando os principios de unidade de acción exterior do Estado. 


- Te recomendamos -