Inicio Galicia Máis de 306.000 persoas levan participado no Programa galego de detección precoz...

Máis de 306.000 persoas levan participado no Programa galego de detección precoz do cancro colorrectal

0

Segundo o conselleiro de Sanidade, resulta evidente que no que se refire ao diagnóstico precoz, debemos seguir a avanzar na implicación da poboación


Dende o inicio do Programa galego de detección precoz do cancro colorrectal, hai xa sete anos, un total de 306.666 persoas participaron no mesmo. Delas, un 6,43%, é dicir, 19.721 tiveron un resultado positivo. Nestas persoas, detectáronse 848 cancros colorrectais invasivos, o que significa unha taxa de detección de 2,77 doentes con cancro por cada mil persoas que participaron no programa. Estes datos foron dados a coñecer polo conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, no transcurso da I Reunión sobre manexo de cancro colorrectal: compartindo experiencias, que ten lugar no Parador Nacional.

Nestas probas do programa detectáronse, ademais, 2.976 persoas de alto risco, o que significa unha taxa de detección de 9,70 por cada mil participantes; 3.987 de risco intermedio (taxa do 13 por mil) e 3.950 de baixo risco (taxa de 12,8 por mil). Todas estas personas, -remarcou o conselleiro-, atópanse en seguimento por parte do programa, realizándose a través do mesmo as probas indicadas polas Guías europeas de calidade.

De cada 100 cidadáns que lle realizaron unha colonoscopia dentro do programa, 4,72 se lles diagnosticou un cancro colorrectal e a 60,7 se lles extirparon adenomas co que reduciron o seu risco de desenvolver un cancro deste tipo no futuro.

Implicación da poboaciónDiante destes resultados, o conselleiro de Sanidade dixo que “resulta evidente que, no que se refire ao diagnóstico precoz, debemos seguir a avanzar na implicación da poboación, que se convenza de que un diagnóstico temperá vai marcar unha gran diferencia, posto que asegura unha alta porcentaxe de éxito”.

Segundo Almuiña, “a correcta abordaxe do diagnóstico e tratamento do cancro esixe, tamén, profesionais competentes e comprometidos, así como unha organización das actividades axeitada. A incorporación dos importantes avances nas técnicas diagnósticas e no tratamento son importantes, non obstante, os profesionais seguides a ser a pedra angular na súa abordaxe. Teño a certeza de que contamos cos mellores”, remarcou Almuiña.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre