Inicio Galicia Máis de 300 artistas da delegación galega no Festival de Lorient participan...

Máis de 300 artistas da delegación galega no Festival de Lorient participan no 'Gran desfile das nacións celtas'

0

O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, asistiu a este evento no que participaron máis de 3.500 músicos de todos os países convidados

Máis de 300 artistas que integran a delegación galega do Festival Intercéltico de Lorient participaron esta mañá no Gran desfile das nacións celtas, o evento central do histórico encontro da cultura celta que este ano conmemora o Ano de Galicia. O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, asistiu ao acto no marco da súa viaxe institucional á vila francesa durante esta fin de semana.

O desfile tivo lugar polas rúas de Lorient e contou coa participación de máis de 3.500 músicos, cantantes, bailaríns, artistas visuais e académicos cineastas das chamadas nacións celtas (Asturias, Bretaña, Cornualles, Escocia, Illa de Man, Irlanda, Gales e Galicia). O evento foi seguido en directo por máis de 70.000 persoas.

A delegación galega está composta por algúns dos artistas galegos máis internacionais entre os que destacan nomes como os de Carlos Núñez, Mercedes Peón ou Milladoiro, xunto con artistas que están a renovar a nosa tradición musical, como Davide Salvado, Aliboria ou Tiruleque, e agrupacións que traballan día a día na súa recuperación, mantemento e difusión.

Música, baile e gastronomíaAdemais desta actividade, a presenza da delegación galega no festival céntrase no pavillón dedicado á nosa Comunidade. Trátase dun espazo que ten por obxectivo a promoción da música e a danza galega, ao tempo que se favorece a difusión de Galicia como destino cultural, gastronómico e turístico de cara ao vindeiro Ano Santo.

Ademais, como complemento ao programa artístico, Galicia fai gala da súa riqueza gastronómica a través da degustación de produtos típicos, ademais de promocionar a súa calidade como destino turístico, en colaboración co Clúster Turismo de Galicia.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre