Inicio Galicia Máis de 3.000 persoas participaron nas actividades de ?Vive o Camiño? que...

Máis de 3.000 persoas participaron nas actividades de ?Vive o Camiño? que culminan este fin de semana en Santiago

0

O proxecto para a Vía da Prata desenvolveu este outono rutas a pé, actividades gastronómicas e obradoiros para nenos e adultos de balde


Santiago de Compostela, 18 de decembro de 2019.- O programa Vive o Camiño, posto en marcha pola Xunta de Galicia co obxectivo de dinamizar e pór en valor o patrimonio xacobeo da Vía da Prata, culmina este fin de semana en Vedra e Santiago despois de celebrar un cento de actividades ás que asistiron máis de 3.000 persoas. Trátase dun proxecto que se desenvolveu ao longo deste outono e que conta con rutas a pé, actividades gastronómicas e obradoiros para nenos e adultos de balde.

No caso de Santiago, onde está previsto que participe nas actividades a comisaria do Xacobeo 21, Cecilia Pereira, o programa comezará ás 16,00 horas na Colexiata do Sar, desde onde partirá un paseo guiado polo tramo final da Vía da Prata que inclúe unha visita ao Museo das Peregrinacións e de Santiago. Así, durante preto de dúas horas os participantes terán a oportunidade de descubrir unha parte do patrimonio histórico e natural de Compostela da man de guías expertos.

O resto das actividades terán lugar no Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC). Así, a partir das 17,00 horas, celebrarase un obradoiro para adultos que, baixo o título Memorias de Prata, permitirá aos participantes afondar na riqueza do patrimonio local. Despois, ás 18,30 horas, haberá dúas actividades simultaneamente. Unha delas será o obradoiro Xogando coa natureza, pensada para os máis cativos, e a outra será o evento Catar o Camiño, no que se ofrecerá ao público asistente unha degustación de produtos enogastronómicos. Como convidados ao evento estarán Ramón Yzquierdo Perrín, doutor en Historia da Arte e académico da Real Academia Galega de Belas Artes Nosa Señora do Rosario, e Natalia González, en representación da D.

O. Monterrei.

Tras visitar Compostela, Vive o Camiño trasladarase ata Vedra, onde as actividades terán lugar na xornada do domingo a partir das 10,30 horas, momento no que haberá un roteiro desde a Capela do Gundián. Posteriormente, os adultos poderán asistir ao obradoiro Memorias de Prata que terá lugar ás 12,00 horas na Casa da Estación. Neste mesmo lugar, e ás 12,45 horas, o público infantil poderá asistir ao taller Xogando coa natureza. O punto final á xornada será ás 12,45 horas na Nave da Estación coa actividade enogastronómica Catar o Camiño.

Un cento de actividades este outonoEn total a Xunta programou un centro de actividades durante este outono nos 35 concellos polos que transcorre a Vía da Prata nas que os peregrinos poden interactuar cos veciños das cidades e vilas polas que pasa a Vía da Prata, unha ruta con destacados recursos naturais e patrimoniais e que conta cun importante potencial de crecemento.

Con este obxectivo deseñáronse tres tipos de actividades: rutas a pé nas que descubrir os segredos deste trazado, iniciativas gastronómicas nas que veciños e peregrinos poden degustar produtos enogastronómicos da comarca, e obradoiros para nenos e adultos nos que transmitir os valores xacobeos e poñer en valor o patrimonio material e inmaterial vinculado co Camiño de Santiago.

Os interesados en participar en calquera destas actividades, gratuítas pero con necesidade de inscrición previa, poderán reservar praza chamando ao número de teléfono 722876073. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre