Inicio Galicia Máis de 27.400 traballadores do Sergas teñen recoñecidos graos de carreira profesional...

Máis de 27.400 traballadores do Sergas teñen recoñecidos graos de carreira profesional no primeiro ano da súa implantación

0

Producíronse 20.506 recoñecementos entre os graos I e IV

Un total de 27.409 traballadores do Servizo Galego de Saúde teñen recoñecidos graos da carreira profesional no seu primeiro ano de implantación. Este sistema de recoñecemento profesional, a primeira carreira profesional ordinaria implantada no Sergas, foi aprobado en Consello da Xunta en xullo de 2018 sobre as bases acordadas na mesa sectorial de sanidade do 6 de xullo de 2018.

En concreto, ata o de agora, un total de 20.506 profesionais do Servizo Galego de Saúde xa teñen recoñecido algún grao de carreira profesional (do I ao IV). A esta cifra súmanse outros 6.903 que están no grao inicial. A este grao poden acceder en calquera momento todos os profesionais que reúnan os requisitos e a súa resolución ten efectos desde o mesmo día da solicitude.

Do total de 20.506 profesionais, 4.745 son persoal licenciado sanitario, 5.483 son diplomados sanitarios, 4.539 son persoal técnico sanitario, e outros 5.739 son de xestión e servizos.

Cómpre lembrar que á carreira profesional ordinaria para o Servizo Galego de Saúde é un proceso voluntario ao que se poden acoller todas as categorías de traballadores (medicina, enfermería, auxiliares de enfermería, administrativos e celadores) así como o persoal dos entes adscritos (ADOS, ACIS, FP 061, Galaria e INGO). É dicir, por primeira vez en Galicia implantouse un verdadeiro sistema ordinario de carreira con equiparación plena dos dereitos de todos os colectivos profesionais sen distinción, xa que ata o de agora existían rexímenes extraordinarios de carreira.

Así mesmo, a carreira profesional do Sergas blinda o pleno recoñecemento económico dos mesmos dereitos para todo o persoal ao incluír ao persoal interino. Esta medida situou a Galicia como unha das comunidades autónomas que recoñece a carreira a este persoal, con plenitude de dereitos ao mesmo nivel que o persoal fixo.

Recoñecemento profesionalEnténdese por carreira profesional o dereito dos profesionais a progresar de maneira individualizada como recoñecemento ao seu desenvolvemento en canto a coñecementos, formación, experiencia, investigación, docencia e outros aspectos relevantes.

O obxectivo do sistema de carreira profesional é recoñecer a achega dos profesionais á mellora da calidade dos servizos sanitarios públicos; distinguir aos profesionais outorgando un recoñecemento obxectivo á súa competencia profesional individual; xerar máis corresponsabilidade e fomentar a cultura do compromiso co sistema sanitario público, promovendo a actualización dos seus coñecementos e competencias e a mellora da súa cualificación. Entre os obxectivos tamén se atopa o de lograr un maior grao de motivación dos profesionais que permaneza ao longo da súa vida laboral e propiciar, con iso, a mellora dos servizos públicos sanitarios e de xestión.

A carreira profesional é voluntaria, xa que lle corresponde ao persoal decidir si se incopora ao sistema de carreira e o ritmo de progresión nos diferentes graos que a configuran. Tamén é personalizada, progresiva, avaliable, transparente, aberta, irreversible, actualizable e homologable. Independente do posto de traballo que se ocupe, obter un grao de carreira determinado non implica que o profesional cambie de posto de traballo nin a actividade que desenvolve.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre