Inicio Galicia Máis de 2500 nenos e nenas deciden as obras gañadoras dos premios...

Máis de 2500 nenos e nenas deciden as obras gañadoras dos premios Martín Sarmiento

0

O secretario xeral de Política Lingüística participou esta tarde na entrega dos galardóns deste certame convocado por Escolas Católicas co apoio da Consellería de Cultura e Educación

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou esta tarde no acto de entrega dos premios Martín Sarmiento e REC.

Curta organizados por Escolas Católicas co apoio da Consellería de Cultura e Educación.

Valentín García referiuse ao magnífico estado da literatura infantil e xuvenil galega, grazas a “autores que, ademais de facer as delicias dos nenos e mozos da nosa terra, que aprenden a falar e a querer a lingua en que están escritas as súas historias preferidas, levan a cultura nosa polo mundo adiante con éxito crecente”.

O responsable de Política Lingüística estivo acompañado neste acto por Juan Manuel Buján, presidente de Escolas Católicas de Galicia.

Premios Frei Martín SarmientoOs premios Frei Martín Sarmiento, que chegan este ano á súa décimo cuarta edición, recoñecen obras literarias en galego seleccionadas polo alumnado e as familias dos centros educativos de Escolas Católicas. Máis de 2500 estudantes leron as novelas finalistas e emitiron o seu voto para seleccionar as gañadoras.

Leer más:  Formoso espera que Sánchez siga y acusa al PP de rebasar todas las líneas rojas

O favor do alumnado que participou como xurado recaeu este ano en Luis Prego por Xogos musicais (categoría de infantil), Ánxeles Ferrer por O sombreiro do mago (primeiro e segundo de primaria), Helena Villar Janeiro por Contos do sol e da lúa (terceiro e cuarto de primaria), Xoán Babarro por Hilario e os tres medos (quinto e sexto de primaria), Francisco Díaz Valadares por Tras a sombra do bruxo (primeiro e segundo de ESO), Miguelanxo Prado por Presas fáciles (terceiro e cuarto de ESO) e Antón Riveiro Coello por A ferida do vento (bacharelato e adultos).

Certame de curtas de ficciónREC.

Curta é un certame de curtametraxes en galego, con temática de ficción, para alumnos e alumnas de ensino secundario obrigatorio e bacharelato. Cada ano incrementa o número de participantes, así como a calidade das obras presentadas.

Nesta edición, na categoría de alumnado de primeiro, segundo e terceiro da ESO foi premiada a curtametraxe Pezas, do colexio Padres Franciscanos de Lugo. Na categoría de cuarto da ESO e bacharelato, o traballo seleccionado foi Cartas a ti, raíña, realizado por estudantado do colexio Calasanz-Escolapios da Coruña.

Leer más:  Los trabajadores de Navantia Ferrol detienen la producción durante cuatro horas

Colaboración a prol da normalización lingüísticaA Consellería de Cultura e Educación, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, ten un convenio de colaboración con Escolas Católicas en materia de normalización lingüística que inclúe, a canda estes premios, diversas iniciativas de promoción do galego entre o persoal e o alumnado dos centros da federación. 


- Te recomendamos -