Inicio Galicia Máis de 250 persoas participan hoxe na AGASP nunha xornada sobre ciberseguridade...

Máis de 250 persoas participan hoxe na AGASP nunha xornada sobre ciberseguridade e delitos informáticos

0

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, participou hoxe na inauguración desta actividade, organizada en colaboración co Sindicato Unificado de Policía

Máis de 250 persoas participan hoxe na Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) nunha xornada sobre ciberseguridade e delitos informáticos, organizada en colaboración co Sindicato Unificado de Policía (SUP).

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, participou hoxe na inauguración desta conferencia, que tivo como poñente ao Coronel Pedro Baños, experto recoñecido en materias como estratexia, xeopolítica, intelixencia, terrorismo, defensa e seguridade.

Os delitos informáticos teñen cada vez máis presenza no traballo diario das forzas e corpos de seguridade. Ante un escenario no que aumenta o número de denuncias interpostas neste campo e aparecen novas técnicas para a comisión do delito, é fundamental apostar pola formación e a actualización de coñecementos. Así, na xornada de hoxe abordaranse asuntos como as novas formas de delinquir, a prevención ou a complexidade técnica e xurídica na persecución destes delitosA xornada de hoxe pecha para este ano a formación en seguridade pública impartida pola AGASP. En total, celebráronse case 600 cursos neste campo, que permitiron formar a máis de 8.000 axentes das forzas e corpos de seguridade do Estado.

Ademais, no ámbito da seguridade, a AGASP continuou este ano desenvolvendo a convocatoria unificada da oposicións a auxiliar e policía local para aqueles concellos que se adheriron de forma voluntaria a este procedemento. Desde que se habilitou esta vía a través dun decreto en 2017, celebráronse varios procesos. O primeiro foi para a selección de auxiliares, cuxas probas tiveron lugar entre maio e xuño de 2018 para optar a 109 prazas. En abril deste ano anunciouse a segunda convocatoria de auxiliares, con 155 prazas. O proceso rematou en xuño coa adxudicación de postos.

No caso da policía local, en novembro de 2018 comezou o primeiro proceso para esta categoría con 38 prazas en 23 concellos. En xuño publicouse a segunda convocatoria de policías locais, que hoxe mesmo celebra a parte das entrevistas persoais -o penúltimo.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre