Inicio Galicia Máis de 250 mozas e mozos participan durante esta fin de semana...

Máis de 250 mozas e mozos participan durante esta fin de semana no primeiro encontro de correspondentes xuvenís deste curso

0

Poderán compartir experiencias e comprobarán como organiza cada centro a difusión da información entre as súas compañeiras e compañeiros

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, asistiu hoxe ao evento de inicio de curso do I Encontro de correspondentes xuvenís deste ano 2019/2020 que ten lugar durante esta fin de semana no complexo xuvenil As Mariñas e no que participan máis de 250 mozas e mozos de toda Galicia inscritos neste programa. Alí poderán compartir experiencias e comprobarán como organiza cada centro a difusión da información entre as súas compañeiras e compañeiros.

Durante esta fin de semana os participantes poderán participar en distintos obradoiros para o deseño dunha curtametraxe ou o uso responsable das redes sociais, así como actividades de ocio como xogos cooperativos, stop motion, lipdub ou danzas do mundo e expresión corporal.

Mediante esta iniciativa, a Consellería de Política Social facilita unha rede xuvenil para que a mocidade poida difundir nos seus centros de ensino programas e información de interese xuvenil, sobre todo aqueles programas que a Xunta de Galicia ofrece aos mozos e mozas galegas. Durante este curso 2019/2020 o número de correspondentes supera os 850. Trátase dunha cifra similar á rexistrada durante o curso pasado.

Estes correspondentes reciben gratuitamente o carné xove, o carné internacional e o carné de alberguista durante o ano escolar no que están como correspondentes. Ademais, recoñéceselles mediante un certificado de educación non formal expedido pola Administración autonómica o tempo dedicado ás actividades como persoas voluntarias. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre