Inicio Galicia Máis de 220 profesores participan na formación do programa ?Digicraft non teu...

Máis de 220 profesores participan na formación do programa ?Digicraft non teu cole? para dotar de competencias dixitais a alumnos de primaria

0
image_gallery.jpg

Comeza a segunda edición deste programa que se está desenvolvendo en 50 centros educativos galegos grazas a un acordo entre a Fundación Vodafone e a Xunta de Galicia


Un total de 224 profesores iniciaron esta semana a formación continua para impartir os contidos do Programa “Digicraft non teu cole”, que busca potenciar a formación en competencias dixitais de alumnos de primaria entre 6 e 12 anos. A iniciativa, impulsada pola Fundación, Vodafone inicia a súa segunda edición en Galicia grazas a un acordo coa Xunta, a través da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e a Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

A formación a profesores estenderanse ao longo de todo o curso académico. Así, tras esta primeira fase, centrada en realidade aumentada e videoxogos, en xaneiro terá lugar un segundo ciclo marcado pola Intelixencia artificial e a Robótica.

Tras o éxito da súa primeira edición, 50 centros da Comunidade que xa participaron o pasado ano seguirán desenvolvendo o programa desde este mes de outubro, polo que máis de 4.400 alumnos galegos beneficiaranse deste proxecto que potenciará a súa formación en competencias dixitais.

Máis itinerarios e unha nova convocatoriaNeste curso académico, a iniciativa “Digicraft non teu cole” incorpora novos itinerarios formativos dirixidos a nenas e nenos de entre 6 e 8 anos, para completar a proposta educativa da comunidade galega, que ata o de agora se enfocaba no alumnado de entre 9 e 12 anos.

O proxecto poñerá ao dispor de todo o alumnado diferentes actividades educativas para aprender competencias dixitais utilizando como vehículo a tecnoloxía, desde intelixencia artificial a realidade aumentada ou deseño 3D dunha forma fácil e divertida, combinando o mundo virtual e o físico. Todo iso articulado a través dunha metodoloxía de aprendizaxe probada e baseada no xogo e a experimentación, deseñada pola Fundación Vodafone España en colaboración coa Universidade de Salamanca.

O despregamento do programa en Galicia completarase cunha nova convocatoria a 200 centros que se lanzará nas próximas semanas. E uníndoo ao resto de convenios asinados co resto de comunidades, DigiCraft chegará neste curso escolar 20/21 a 400 centros escolares e máis de 32.000 alumnas e alumnos en España.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre