Inicio Galicia Máis de 2000 desempregados cualifícanse en especialidades cunha gran demanda laboral a...

Máis de 2000 desempregados cualifícanse en especialidades cunha gran demanda laboral a través das Unidades Formativas da Xunta

0

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, visitou hoxe o programa de formación que desenvolveu en Mos a empresa Rodavigo sobre xestión comercial de vendas no sector industrial que permitiu a contratación do 100% dos participantes

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, destacou hoxe en Mos que máis de 2000 persoas sen emprego están a recibir cualificación en 141 Unidades Formativas na Empresa, un programa que a Xunta está desenvolvendo en toda Galicia para dar resposta aos novos perfís profesionais. Pontevedra é a provincia máis representada nesta actuación ao reunir máis do 80% das unidades.

Precisamente, o titular de Economía visitou hoxe unha destas iniciativas que vén de rematar en Mos, na compañía Rodavigo que ten entre os seus clientes as principais empresas tratoras da automoción ou do naval en Galicia e na que 9 desempregados formáronse en xestión comercial de vendas no sector industrial. O 100% dos participantes acadaron un posto de traballo.

O conselleiro, ademais, referiuse a unha segunda unidade que se está a realizar nesta localidade e que impulsa a Asociación de Empresarios de Mos nas firmas Mecoxi, Tormeal, Galmetec e Hergome con máis de 30 anos de experiencia. Neste caso, están recibindo formación outras dez persoas para poder traballar como operario programador en centros de mecanizado.

Leer más:  Un conductor se sale de la carretera y se choca contra la mediana en Toén (Ourense)

Conde destacou a colaboración da Administración local de Mos –Concello emprendedor- nestas dúas iniciativas centradas no ámbito das novas tecnoloxías para mellorar a planificación de operacións de venda a nivel internacional e para afondar en novas formas de mecanizado. O obxectivo, en palabras do conselleiro, é facilitar a inserción laboral dos alumnos e alumnas e por iso é un programa que ofrece especialidades cunha alta demanda laboral. De feito, as propias empresas que participan son as que escollen que materia queren impartir. É, polo tanto, un programa apegado á realidade das empresas, á realidade do mercado laboral e á realidade da nova economía dixital.

A Consellería de Economía, Emprego e Industria convocou este ano dúas edicións cun orzamento estimado de 9,5 millóns de euros para a formación de 5000 profesionais ocupados e desempregados. Sete de cada dez unidades formativas están relacionadas co naval, a automoción e o sector TIC, tres sectores estratéxicos para Galicia.

Para Conde, este programa demostra que o tecido empresarial está implicado e comprometido co emprego cualificado e coa implantación da Industria 4.0, un feito que fixo posible, por exemplo, que Benteler escollera Mos para expandirse. “O esforzo entre o sector industrial galego é a mellor garantía de competitividade”, rematou.

Leer más:  Procesiones suspendidas este Jueves Santo por el temporal, con rachas que superan los 120 km/h

- Te recomendamos -