Inicio Galicia Máis de 15.500 mozas e mozos lugueses participarán no programa de deporte...

Máis de 15.500 mozas e mozos lugueses participarán no programa de deporte escolar Xogade

0

O delegado territorial, José Manuel Balseiro, explicou que a Administración autonómica destina preto de 400.000 euros en concepto da organización de actividades, transportes e seguros


Lugo, 27 de novembro de 2019.- Un total de 15.532 mozas e mozos lugueses, con idades comprendidas entre os 6 e os 16 anos, están chamados a participar no curso 2019-20 no programa de deporte escolar Xogade, financiado e promovido pola Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia.

O delegado territorial, José Manuel Balseiro, explicou que ao longo do ano celébranse competicións nas distintas comarcas da provincia, de carácter local, provincial e autonómico, con diferentes ligas e campionatos finais segundo cada caso. Os calendarios para cada unha das semanas publícanse na web https://xogade.xunta.galA través desta iniciativa, a Administración autonómica, en colaboración coas federacións e agrupacións escolares da provincia, ofrece un programa moi completo que inclúe 16 modalidades deportivas diferentes, coa estrea nesta tempada do piragüismo (atletismo en pista, bádminton, baloncesto, balonmán, campo a través, dúatlon, fútbol sala, natación, orientación, patinaxe artística, piragüismo, tenis de mesa, voleibol, xadrez, Xogando co atletismo e multixogo).

Entre as novidades para este curso cómpre salientar tamén que o Servizo Provincial de Deportes de Lugo prevé organizar de forma experimental seis xornadas de iniciación á escalada nas instalacións do Rocódromo do Pazo de Feiras e Congresos de Lugo.

Preto de 400.000 euros de investimentoEsta edición do programa Xogade terá un investimento próximo aos 400.000 euros destinados á organización de actividades, transportes e seguros. A Xunta garante os seguros deportivos para os rapaces entre 6 e 16 anos, para o que destina 265.000 euros neste ano. Tamén sufraga o gasto de transporte, para o que se dispón de preto de 500 autocares, e encárgase da organización das competicións, o que supón un importe de 123.000 euros.

O programa Xogade vai dirixido aos centros de ensino, ANPAs, clubs, escolas deportivas municipais, agrupacións deportivas, asociacións etc. que o desexen. A inscrición realízase a través da aplicación informática www.deporteescolargalego.com, que se atopa vinculada á páxina: deporte.xunta.gal.

Balseiro lembrou que este programa da Xunta pretende fomentar que as nenas e nenos medren con hábitos de vida saudables, entre os que a práctica da actividade física regular é un dos máis importantes.  

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre