Inicio Galicia Máis de 14.400 persoas visitaron en menos de dous meses 'Argallar', a...

Máis de 14.400 persoas visitaron en menos de dous meses 'Argallar', a exposición da Xunta de Galicia no Gaiás para xogar coa arquitectura

0

A mostra pechou visitas concertadas con medio cento de escolas, o que supuxo a participación de 2.500 rapaces só provenientes de colexios


A exposición da Xunta de Galicia no Gaiás para xogar coa arquitectura, Argallar, pechou esta pasada fin de semana con máis de 14.400 persoas en tan só 51 días que estivo aberta na Cidade da Cultura de Galicia. Deste número, un total de 2.500 visitas foron escolares procedentes de medio cento de centros de toda Galicia.

A Xunta de Galicia convidou desde o pasado 13 de setembro e ata o 10 de novembro a familias e colexios a achegarse a xogar coa arquitectura no terceiro andar do Museo Centro Gaiás. A cativada que acudiu durante este período –que non chegou aos dous meses– construíu e interactuou con figuras e pezas xeométricas, unhas veces dun xeito pautado e outras, desde unha perspectiva totalmente libre e autónoma por parte dos e das visitantes.

Estas posibilidades infinitas de construción e xogo coa arquitectura que ofreceu Argallar tiveron como obxectivo achegarlles á cativada e á centros escolares disciplinas como a arquitectura e a habitabilidade dun xeito lúdico e divertido. Ademais, permitiu demostrar que exposicións deste formato e con esta filosofía constitúen un xeito efectivo de rachar cos clixés de que os museos son espazos con contidos só para persoas adultas e pouco atractivos para pequenos e pequenas.

Encontro internacional con arquitectos e docentesEsta exposición da Xunta de Galicia na Cidade da Cultura estivo organizada pola Asociación Ludantia, APLU-Axencia de Protección da Legalidade Urbanística e Proxecto Terra do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia. Precisamente, estas entidades organizaron tamén de cara ao final de Argallar un encontro internacional con profesionais e estudantes de arquitectura e de educación Primaria e Secundaria ao redor da mostra: Playgrounds.

Esta xornada espertou un alto interese, ata o punto de esgotar as 170 prazas dispoñibles do foro, que ofreceu durante dous días –o 1 e 2 de novembro– nove conferencias con expertos e expertas internacionais e 20 obradoiros, onde levaron a cabo casos prácticos para mellorar a arquitectura nas escolas, espazos públicos e incluso cidades pensando na infancia.‘Argallar’ e ‘Galicia, un relato no mundo’Con esta exposición, a Xunta de Galicia completou a oferta expositiva do Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura, tras o peche en setembro de Valor e mestría. Galicia como fútbol e Pensar coas mans. Cestería, cerámica e xoiería de Galicia, ata a inauguración, este xoves, día 14 de novembro, de Galicia, un relato no mundo, a primeira das tres grandes exposicións do Goberno galego no marco do Xacobeo 2021 e que estará aberta ao público a partir deste venres, 15 de novembro.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre