Inicio Galicia Máis de 1000 persoas concorren na fin de semana ás probas Celga

Máis de 1000 persoas concorren na fin de semana ás probas Celga

0

Santiago de Compostela e Ponferrada acollen entre hoxe e mañá as probas da segunda convocatoria do ano

Máis de 1000 persoas concorren esta fin de semana, en Santiago de Compostela e Ponferrada, á segunda convocatoria de probas do 2019 para acreditar oficialmente o seu nivel de competencia en lingua galega. Son 764 no nivel Celga 4 (592 en Santiago e 172 en Ponferrada) e 244 para o Celga 2 (196 en Santiago e 48 en Ponferrada). Os exames do Celga 4 celébranse hoxe no compostelán IES Antonio Fraguas Fraguas e na Escola Oficial de Idiomas de Ponferrada. Mañá será a quenda do Celga 2, con exame na Escola Galega da Administración Pública e na EOI ponferradina.

O secretario xeral de Política Lingúística, Valentín García, visitou esta mañá o IES Antonio Fraguas Fraguas para supervisar o correcto desenvolvemento das probas, que comezaron ás 9,00 horas e que se prolongarán ao longo de toda a xornada, con exames escritos e orais.

Acreditación adaptada ao Marco europeo común de referenciaO Celga é o certificado en lingua galega que expide a Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia e que acredita o coñecemento da lingua en cinco niveis: Celga 1, Celga 2, Celga 3, Celga 4 e Celga 5. Trátase dun modelo de aprendizaxe, ensino e avaliación de lingua galega adaptado ao Marco europeo común de referencia para as linguas definido polo Consello de Europa, no que se describen os coñecementos e habilidades que se contemplan en diferentes niveis para que a comunicación sexa eficaz. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre