Inicio Galicia Máis de 100.000 pacientes foron intervidos pola unidade de cirurxía sen ingreso...

Máis de 100.000 pacientes foron intervidos pola unidade de cirurxía sen ingreso do CHUAC nos últimos 25 anos

0

Na actualidade, máis da metade dos procedementos cirúrxicos (70,57%) realízanse nesta unidade


En maio de 1993 nace a Unidade de Cirurxía Sen Ingreso (UCSI). A creación, implantación e finalidade desta modalidade asistencial era garantir aos doentes unha asistencia coa mesma seguridade e calidade que a cirurxía con ingreso.

Isto foi posible grazas ao intenso traballo e a implicación dun grupo de profesionais (cirurxáns, anestesiólogos, equipos de enfermería, …) entusiasmados por traballar nunha organización diferente, contando co apoio institucional da Xerencia e baixo a coordinación do doutor José Maria Cobián.

Inicialmente, o obxectivo era realizar ambulatoriamente procedementos cirúrxicos pouco complexos, en pacientes estables, para conseguir implantar con éxito este modelo asistencial, non só entre os pacientes senón, tamén, entre os profesionais.

Así, nese primeiro, ano realizáronse 660 procedementos, cifra que aumentaría a 3.327 cinco anos despois. Un aspecto fundamental para seguir medrando foi, no ano 2001, o traslado da Unidade dende o Hospital Teresa Herrera ao Hospital Abente Lago, o que significou un cambio importantísimo.

Leer más:  David Regades jura nuevamente como delegado en la Zona Franca de Vigo después de haber estado ocho meses en el Congreso

Dende a súa creación, durante estes 25 anos, a carteira de servizos foi ampliándose progresivamente con procedementos cirúrxicos e pacientes mais complexos. Para elo, un aspecto fundamental foi a implicación dos profesionais sanitarios e a aceptación por parte da poboación receptora desta modalidade asistencial, o que permitiu un rápido crecemento, ata situarse actualmente en mais da metade de todos os procedementos cirúrxicos (70,57%) realizados no ano 2017 no CHUAC.

Este éxito é resultado da suma de múltiples factores, avances cirúrxico-anestésicos, cambio de actitude dos profesionais, necesidade de aumentar a eficiencia do sistema, introdución das tecnoloxías da información e comunicación e as novas formas de xestión clínica.

Mais de 100.000 doentes da maioría de especialidades cirúrxicas foron intervidos de modo ambulatorio nestes 25 anos, baixo todo tipo de técnicas anestésicas e cunha satisfacción superior ao 90%.

Pero aínda hai moitos retos pendentes, xa que o eixo principal deste tipo de procedementos son os pacientes, e non só para dar resposta ás súas necesidades, se non ás súas expectativas. Non basta con realizar una xestión dos procesos, é necesario redefinilos para adaptalos ás súas necesidades, asi como ás dos seus familiares. 

Leer más:  El PSOE de Santiago recuerda a BNG y CA su responsabilidad en el bloqueo de Peleteiro y afirma que estará en la solución

- Te recomendamos -