Inicio Galicia Luisa Piñeiro recibe ao presidente da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade...

Luisa Piñeiro recibe ao presidente da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (Cogami)

0
image_gallery.jpg


A delegada territorial da Xunta en Pontevedra, Luisa Piñeiro, mantivo esta mañá unha reunión de traballo con representantes da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade, Cogami, co seu presidente á cabeza, Anxo Queiruga, para analizar a labor desenvolvida por esta entidade ao longo dos últimos anos. A delegada territorial agradeceu ao presidente de Cogami a labor que está a desenvolver esta asociación sen ánimo de lucro constituída por preto de 55 asociacións e que presta servizo a máis de 60.000 persoas ao ano, ademais de xestionar directamente 12 iniciativas empresarias de economía social que emprega a máis de 1.200 persoas con discapacidade en toda Galicia. Luisa Piñeiro trasladoulle a total colaboración da Xunta para continuar a traballar pola inclusión e o desenvolvemento persoal das persoas con necesidades especiais.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre