Inicio Galicia Luisa Piñeiro reafirma a ?máxima colaboración? da Xunta co concello de Meaño...

Luisa Piñeiro reafirma a ?máxima colaboración? da Xunta co concello de Meaño nas súas solicitudes en infraestruturas, sanitarias e educativas

0
image_gallery.jpg

A delegada territorial mantén unha reunión co alcalde, Carlos Viéitez, na súa primeira visita institucional ao municipio do Salnés


A delegada territorial da Xunta en Pontevedra, Luisa Piñeiro, realizou esta mañá a súa primeira visita institucional ao Concello de Meaño e reafirmou a “máxima colaboración e disposición absoluta” do goberno galego con este municipio do Salnés respecto ás súas principais solicitudes, centradas nas áreas de infraestruturas, sanidade e educación.

A representante autonómica mantivo unha reunión de traballo co alcalde, Carlos Viéitez, e lembrou que o executivo galego “leva moitos anos investindo e apostando por Meaño e esta tendenza vai continuar”, destacando as melloras en infraestruturas e servizos realizadas nos últimos anos e que cifrou en 4,2 millóns de €.

Luisa Piñeiro recolleu, como principais solicitudes do Concello e da veciñanza, a mellora das estradas PO-303 e PO-550 en materia de seguridade viaria coa construción de beirarrúas en tres treitos; a praza de pediatría, que garantizó que se manterá de xeito compartido con Meis e que non se vai a amortizar; e a reposición do tellado e a execución dun proxecto de eficiencia enerxética e funcional no colexio público.

Respecto ás peticións viarias, a delegada territorial lembrou que a Xunta “leva moito tempo actuando na rede de estradas da provincia e do propio Concello de Meaño” e anunciou que a intención é proseguir por este camiño, polo que comezará a xestionar as solicitudes do municipio para determinar a viabilidade da súa execución.

Tamén indicou, sobre a mellora da escola, que a Consellería de Educación está inmersa nun proxecto plurianual de modernización dos centros da provincia que atende a un cronograma segundo as súas condicións e antigüidade e recolleu a petición do Concello de Meaño para tratar de beneficiarse dunha destas actuacións nos vindeiros exercicios. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre