Inicio Galicia Luisa Piñeiro reafirma a ?colaboración absoluta e compromiso máximo? da Xunta co...

Luisa Piñeiro reafirma a ?colaboración absoluta e compromiso máximo? da Xunta co concello de Forcarei tras investir máis de 10M? en catro anos

0
image_gallery.jpg

A delegada realiza unha visita institucional ao municipio e reúnese coa alcaldesa para recoller as peticións e necesidades da veciñanza


Forcarei, 6 de novembro de 2020.- A delegada territorial da Xunta en Pontevedra, Luisa Piñeiro, reafirmou esta mañá, no marco da súa primeira visita institucional a Forcarei, a “colaboración absoluta e o compromiso máximo” do executivo galego con este municipio da Terra de Montes e lembrou que se investiron máis de 10 millóns de € só nos últimos catro anos.

A representante autonómica achegouse ata o consistorio e mantivo unha xuntanza de traballo coa alcaldesa, Verónica Pichel, para recoller as peticións e necesidades da veciñanza. Neste senso, a rexedora plantexoulle demandas no eido sanitario, pero Luisa Piñeiro lembroulle que a calidade asistencial en Forcarei “é moi elevada”, xa que conta cunhas das mellores ratios de médicos por paciente de toda Galicia. Así, lembrou que os doctores da capital municipal teñen 892 e 854, respectivamente, mentres que o de Soutelo ostenta 1.099, cifras por moi debaixo da media galega, que se sitúa en 1.400 persoas por galeno e que é un dos mellores parametros de España.

Ademais, tamén se lle plantexaron necesidades en materia de augas e abastecementos, que van ser analizadas de xeito inmediato por un equipo técnico enviado por Augas de Galicia; a adquisición dun tractor; a extensión de Internet ou a mellora da sinal de televisión en certas zonas. Piñeiro, que tamén recibiu unha relación con outras iniciativas para analizar con calma, lembrou que todas elas son competencias exclusivamente municipais, pero abríuse a explorar a posibilidade dalgunha vía de colaboración no marco do “clima de entendemento e aposta por Forcarei que sempre tivo a Xunta”.

Nesta liña, Luisa Piñeiro lembrou que nos últimos tempos a aposta do executivo galego por Forcarei foi constante e decidida e cifrou en máis de 10 millóns de euros os investimentos realizados nos últimos catro anos, destacando os máis de 5 millóns destinados ao medio rural e ao apoio ás explotacións, que son o sector económico máis importante do concello, e a execución de infraestruturas tan importantes como a mellora da estrada Forcarei-Cachafeiro-Soutelo de Montes ou a modernización da travesía da localidade soutelana.

Así mesmo, engadiu que este mesmo verán o Goberno galego aprobou unha ducia de solicitudes de axuda cursadas polo Concello, practicamente todas as que formulou, o que supuxo unhas aportacións de case 400.000€. Finalmente, e para seguir plasmando este apoio, garantiu unha comunicación constante co concello forcaricense.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre