Inicio Galicia Luisa Piñeiro reafirma a ?colaboración absoluta e compromiso máximo? da Xunta co...

Luisa Piñeiro reafirma a ?colaboración absoluta e compromiso máximo? da Xunta co concello das Neves tras investir 13 M? en catro anos

0
image_gallery.jpg

A delegada realiza unha visita institucional ao municipio e reúnese co alcalde, Xosé Manuel Rodríguez, para recoller as peticións e necesidades da veciñanza


A delegada territorial da Xunta en Pontevedra, Luisa Piñeiro, reafirmou a “colaboración absoluta e o compromiso máximo” do goberno galego co Concello das Neves na súa primeira visita institucional a este municipio, onde lembrou a aposta do executivo autonómico por este termo da bisbarra do Condado tras investir máis de 13 millóns de € nos últimos catro anos.

A representante autonómica mantivo un encontro co alcalde, Xosé Manuel Rodríguez, e con membros do seu goberno no seu despacho e posteriormente desprazáronse ata o acceso á vila no entronque das estradas autonómicas PO-400 e PO-415 para coñecer a súa situación in situ co obxectivo de analizar posibles actuacións.

A xuntanza estivo centrada, principalmente, na crise sanitaria da Covid-19 e os seus efectos, pero destacouse que os centros educativos están a ter un bo comportamento cun funcionamento e protocolo axeitados pola hixiene, o cumprimento das normas e o comportamento das comunidades escolares. Nesta materia, a delegada territorial recolleu certas inquedanzas en materia de transporte tanto no eido da protección fronte ao coronavirus como no establecemento de rutas que permitan que o concello non perda poboación escolar.

Ademais, Luisa Piñeiro tamén recolleu demandas en infraestruturas, especialmente no que se refire á construción dunha rotonda para outorgar maior seguridade a vía ao acceso ao núcleo urbano co cambio de fluxos como consecuencia da posta en marcha da Plisan.

Ambas as partes emprazáronse a manter un contacto periódico e constante para informar dos avances dos proxectos e facer seguimento das xestións realizadas. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre