Inicio Galicia Luisa Piñeiro reafirma a ?colaboración absoluta? da Xunta co concello de Cambados...

Luisa Piñeiro reafirma a ?colaboración absoluta? da Xunta co concello de Cambados ante o inicio das obras de mellora do centro de saúde e do comedor escolar de San Tomé

0
image_gallery.jpg

A delegada realiza a súa primeira visita ao municipio e reúnese coa alcaldesa, Fátima Abal, para abordar proxectos de estradas e vencellados a Portos


A delegada territorial da Xunta en Pontevedra, Luisa Piñeiro, reafirmou esta mañá a “colaboración absoluta” do goberno galego co Concello de Cambados durante a súa primeira visita institucional a este municipio e exemplificou ese clima de entendemento ante o inminente inicio das obras de mellora do centro de saúde e do comedor escolar do colexio de San Tomé.

O goberno galego cofinancia ambas actuacións cunha aportación global de 110.000€ que permitirá realizar unha remodelación do punto médico, que a propia delegada aclarou que non interferirá na actividade asistencial ao desenvolverse en quendas de tarde e noite, e a construción do comedor escolar e dunha aula educativa na citada escola.

Ademais, na xuntanza de traballo mantida coa alcaldesa, Fátima Abal, que agradeceu a súa presenza, tratouse a posibilidade de que a Xunta acometa unha obra de separación de augas pluviais e fecais nunha zona da estrada PO-550 na saída cara Meaño e diversas cuestións vencelladas con Portos de Galicia.

Así, Luisa Piñeiro recolleu a solicitude para a posible sinatura dun convenio que permita revertir os terreos da fachada central do casco urbano en favor do Concello, xa que actualmente están en mans da autoridade portuaria, e tamén a realización de xestións para axilizar o Plan Especial de Infraestruturas entre Portos e o Concello co obxectivo de que se poida acometer a reforma da Praza de Abastos.

A representante autonómica valorou moi positivamente a reunión e amosouse convencida de que haberá un “bo ánimo de colaboración” entre ambas administracións que reafirmará o “compromiso” da Xunta con Cambados. Neste senso, lembrou que se fixeron investimentos por 23 millóns de € dende o ano 2017 con especial incidencia nas áreas de formación e emprego; educación, coa ampliación do IES Francisco Asorey e a rehabilitación enerxética do IES Ramón Cabanillas; infraestruturas; mar, con axudas á flota, ás industrias pesqueiras e ao litoral por máis de 5,5 millóns de €; e o sector vitivinícola. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre