Inicio Galicia Luisa Piñeiro ofrece a "colaboración e dispoñibilidade" da Xunta co Concello de...

Luisa Piñeiro ofrece a "colaboración e dispoñibilidade" da Xunta co Concello de Ribadumia na súa primeira visita institucional

0
image_gallery.jpg

A delegada territorial en Pontevedra garantíu un contacto “periódico e constante” e recibíu o agradecemento do alcalde David Castro pola reunión


A delegada territorial da Xunta en Pontevedra, Luisa Piñeiro, realizou este mediodía a súa primeira visita institucional ao Concello de Ribadumia no marco do percorrido que está a realizar dende hai catro semanas polos 47 termos da área e ofreceu a “colaboración e dispoñibilidade” do goberno galego con este municipio do Salnés.

A representante autonómica coñeceu as instalacións municipais na compaña do alcalde, David Castro, e de varias concelleiras do goberno local e mantivo unha xuntanza de traballo na que se abordaron as principais solicitudes de Ribadumia para o executivo galego no marco da lexislatura recén comezada.

Así, analizouse a axilización do proceso de legalización do viño de Barrantes elaborado coa variedade híbrida “folla redonda” para que se poida comercializar, a aportación de horas de atención de dependencia na área de Servizos Sociais, a realización de melloras na Variante Espiritual e na Ruta da Pedra e da Auga para evitar derrubos por mor das escorrentías das choivas ou a aportación de financiamento para o novo edificio multiusos.

Ademais, o alcalde tamén solicitou que se acometan certos remates no proceso da concentración parcelaria de Lois para proceder á súa conclusión despois de que a Xunta acelerara esta actuación na anterior lexislatura e se puidera proceder á toma de posesión provisional dos predios o pasado 30 de setembro.

Tras este encontro, Luisa Piñeiro agradeceu a acollida e garantíu un contacto “periódico e constante” co Concello para acadar o maior grao de eficiencia e puxo en valor a colaboración demostrada da Xunta con Ribadumia tras investir 7,76 millóns de € dende o ano 2017, adxudicar recentemente a rehabilitación enerxética e funcional do CPI Julia Becerra Malvar cun orzamento de 842.000€ e iniciar o Obradoiro de Emprego de Promoción Turística a través da Mancomunidade do Salnés con 369.000€.

Finalmente, o alcalde de Ribadumia felicitou a Luisa Piñeiro polo seu recente nomeamento, agradeceu a deferencia da súa visita e resaltou o “clima de colaboración” existente entre ambas administracións.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre