Inicio Galicia Luisa Piñeiro garante o ?total compromiso e disposición? da Xunta co Concello...

Luisa Piñeiro garante o ?total compromiso e disposición? da Xunta co Concello de Dozón na súa primeira visita institucional

0
image_gallery.jpg

Mantén unha xuntanza de traballo co alcalde, Adolfo Campos, e atende as necesidades de melloras en obras e servizos no parque empresarial


A delegada territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra, Luisa Piñeiro, realizou esta mañá a súa primeira visita institucional ao Concello de Dozón e mantivo un encontro de traballo co alcalde, Adolfo Campos, ao que anunciou próximas melloras no parque empresarial do municipio castreño.

A representante autonómica estivo a recoller as demandas e solicitudes do rexedor local e garantíu o “total compromiso e disposición e a máxima colaboración e clima de entendemento” do executivo galego para a presente lexislatura.

Nesta liña, revelou que a Xunta vén de investir, ao longo dos últimos catro anos, 9 millóns de € en Dozón, destinándose máis do 70% desta contía ao medio rural, coas axudas de incorporación de mozos á actividade agraria, a PAC ou os plans de mellora de explotacións, entre outras iniciativas.

Na reunión co alcalde recolleu as principais solicitudes do Concello de Dozón, centradas principalmente, tras a licitación do enlace da AG-53 cara Ourense, no parque empresarial e as súas necesidades viarias, eléctricas e de servizos. Neste eido, adiantou que haberá novidades nos próximos meses para modernizar este complexo industrial.

Finalmente, tamén recibíu como peticións a redacción dun Plan Básico Municipal de urbanismo, que é a ferramenta do executivo galego para dotar de directrices nesta área aos municipios menos poboados, e a construción dun novo lote de vivendas sociais tras as seis executadas nos últimos anos.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre