Inicio Galicia Luisa Piñeiro garante a ?colaboración e compromiso? da Xunta co concello do...

Luisa Piñeiro garante a ?colaboración e compromiso? da Xunta co concello do Rosal na súa primeira visita institucional

0
image_gallery.jpg

A delegada reúnese coa alcaldesa, Ánxela Fernández, e con membros do goberno para recoller as súas peticións e as demandas da cidadanía


A delegada territorial da Xunta en Pontevedra, Luisa Piñeiro, visitou esta mañá o Concello do Rosal no marco da súa rolda de contactos institucionais polos 47 municipios da área e garantíu a “colaboración e compromiso” do goberno galego no marco da presente lexislatura.

A representante autonómica foi recibida pola alcaldesa, Ánxela Fernández, e por membros do goberno local para manter unha primeira xuntanza de traballo, na que recibíu as súas peticións e as demandas da cidadanía con respecto ao executivo autonómico. Luisa Piñeiro comprometeuse a realizar de inmediato as primeiras xestións sobre os temas máis urxentes e a manter un contacto periódico co Concello do Rosal.

En canto ao contido da reunión, a delegada territorial recolleu solicitudes de investimentos e actuacións nos eidos sanitarios, de infraestruturas e seguridade vial, de dependencia e servizos sociais e referidos ao transporte de viaxeiros.

Así, analizouse a posibilidade de acometer unha senda peonil e a mellora da estrada de conexión con A Guarda a través da montaña, xa que no seu día fíxose o primeiro treito e quedan por acometer outros dous na contorna de Novas e Fornelos. Tamén se avaliou a posibilidade de incrementar os fondos para dependencia, aínda que esa cuestión depende da transferencia de recursos do Goberno Central, e o reforzo das frecuencias de bus en quenda de mañá para a conexión coa bisbarra polas localidades da Guarda e Tomiño e tamén con Vigo por cuestións hospitalarias.

A alcaldesa agradeceu a visita da delegada territorial e valorou o seu coñecemento do mundo municipal tras ser rexedora de Moraña durante unha década e a representante autonómica anunciou un seguimento constante dos proxectos de interese para O Rosal.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre