Inicio Galicia Luisa Piñeiro destaca ?o gran traballo da Xunta en formación e emprego?...

Luisa Piñeiro destaca ?o gran traballo da Xunta en formación e emprego? na clausura do obradoiro de hostalaría 'A Lanzada II' no Grove

0
image_gallery.jpg

A delegada territorial resalta que o Goberno galego “está a redobrar o esforzo nestas áreas especialmente nestes momentos complicados pola pandemia e co obxectivo de impulsar canto antes a reactivación”


A delegada territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra, Luisa Piñeiro, destacou hoxe, durante o acto de clausura do obradoiro de emprego de hostalaría A Lanzada II, “o gran traballo que está a realizar o Goberno galego nas áreas de formación e emprego dende hai moitos anos, o que permite que a nosa comunidade teña datos de ocupación moito mellores que a media de España”.

A representante autonómica explicou que para a Xunta de Galicia a creación de emprego sitúase no podio de prioridades xunto coa Sanidade e a Educación e engadiu que, por este motivo, “está a redobrar o seu esforzo na formación e na inserción laboral especialmente nestes momentos tan complicados pola pandemia, xa que temos como obxectivo principal o impulso, canto antes, da reactivación”.

Luisa Piñeiro, que estivo acompañada polo alcalde do Grove, José Cacabelos, tamén quixo agradecer ao persoal desta iniciativa laboral e aos vinte alumnos-traballadores “o seu traballo ao longo deste ano, a súa responsabilidade e o bo desempeño que realizaron durante as súas prácticas na preparación de almorzos saudables para nenos e maiores e nas xornadas e eventos gastronómicos”. Ademais, animou aos participantes a que aproveiten as oportunidades que lles brinda a súa gañada formación e a experiencia deste ano “para adentrarse con forza no mercado de traballo”.

A delegada territorial salientou que a Xunta segue a apostar polo emprego na bisbarra do Salnés e por elo vén de aprobar unha decena de iniciativas entre obradoiros duais, para xóvenes e programas integrados que comezarán entre os meses de decembro e xaneiro. Ditas iniciativas, tres das cales serán de ámbito comarcal a través da Mancomunidade do Salnés, beneficiarán a 285 persoas desempregadas cun investimento de 3,8 millóns de euros.

En canto a este clausurado obradoiro de emprego A Lanzada II, desenvolveuse dende o pasado mes de novembro e recuperou as súas semanas de paralización polo estado de alarma decretado fronte á covid-19 grazas a un acordo da Xunta, que pretendía non prexudicar nin menoscabar a súa formación polos efectos da pandemia.

Así, celebrouse durante doce meses cun investimento de 336.446€ e contou coa participación dunha vintena de desempregados do Grove e da súa contorna que realizaron a súa actividade hostaleira nos módulos de Cociña e Servizo de Restaurante.

O acto de clausura, que tivo lugar no Centro Vacacional A Lanzada, tamén contou coa participación do director, a titora, os docentes e os alumnos do obradoiro e culminou coa entrega de diplomas acreditativos. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre